o Pichel e a Microxardinería


o día 24 deste mesmo mes, estarei polo Pichel, dando un curso, cursiño, de microxardinería. Polo que hoxe comecei a preparar a presentación que reflecirei nalgunha das paredes do centro social.
Buscando un logo que poñer para a primeira páxina da devandita, fun dar de cornos con esta demostración de beleza sensual. O que, por outra banda, deixoume certamente estresado. Falar de termoperiodismo, fotoperiodismo... sen un corpo ao que ir deitando, aos poucos, tais fetiches, mmmm.
Non fai moito, e como aportación a un filo-café, falaba das minetes en lingua portuguesa. Imaxino agora unha peza de roupa, indicándome a dispoñibilidade da utente para demostrar a miña locuacidade, o uso da lingua...
Que cousas.

Comentários

Unknown disse…
Mon Dieu!!!Encántanme esas bragassssss!! :)