o pequeno insomne



















Como vén sendo xa habitual, hoxe espertei antes da seis da mañá, e non volvín conciliar o sono até as sete, a hora de erguerme. Sempre que isto acontence, tendo a pensar nos proxectos que me quedan pendentes e procuro poñerlles datas concretras para a realización. Como naqueles famosos grafos pert, que estudaba durante a carreira. Isto sérveme para reflexionar sobre eles e facer balance do conseguido. Grazas ás reflexións desta noite, puidenlle poñer data a un dos proxectos que me vén ocupando a cabeza estas últimas semanas. Por outra banda, matinei moito sobre a miña actual situación, concluíndo, coma sempre, que da miña man fican todas as respostas, todos os actos posibles, e que cando eu queira podo mudar o que me acontece. Pero, coma sempre, tamén, o caso é querer. O meu xa típico acceso de romanticismo pueril, faime analizar o sufrimento, sempre opcional, como un xeito fermoso de afrontar a realidade, e lonxe de sufrir, conclúo rindo de todo e volvendo a caer nas gadoupas dun aprecio inconsciente polos finais tráxicos. Agardando o final, retomo os pasos dados até o momento, e busco a letra de
Sympathy for the Devil dos Rolling Stones.

Comentários