andas á procura?

Búsqueda personalizada

segunda-feira, abril 27, 2009

Medo á liberdade, Boiro 11 de abril 2009

Imaxes do Filo-café de Boiro, por Nelson Silva.

sábado, abril 18, 2009

encontros a porta verde

Ítaca

Non é cedo, camiñamos xa cara as catro da mañá, mentres preparo un leite con galletas. Acabo de chegar á casa e vexo unha mensaxe no correo:

Ítaca

Quando começares a tua viagem para Ítaca,
reza para que o caminho seja longo,
cheio de aventura e de conhecimento.
Não temas monstros como os Ciclopes ou o zangado Poseidon:
Nunca os encontrarás no teu caminho
enquanto mantiveres o teu espírito elevado,
enquanto uma rara excitação agitar o teu espírito e o teu corpo.
Nunca encontrarás os Ciclopes ou outros monstros
a não ser que os tragas contigo dentro da tua alma,
a não ser que a tua alma os crie em frente a ti.

Deseja que o caminho seja bem longo
para que haja muitas manhãs de verão em que,
com quanto prazer, com tanta alegria,
entres em portos que vês pela primeira vez;
Para que possas parar em postos de comércio fenícios
para comprar coisas finas, madrepérola, coral e âmbar,
e perfumes sensuais de todos os tipos -
tantos quantos puderes encontrar;
e para que possas visitar muitas cidades egípcias
e aprender e continuar sempre a aprender com os seus escolares.

Tem sempre Ítaca na tua mente.
Chegar lá é o teu destino.
Mas não te apresses absolutamente nada na tua viagem.
Será melhor que ela dure muitos anos
para que sejas velho quando chegares à ilha,
rico com tudo o que encontraste no caminho,
sem esperares que Ítaca te traga riquezas.

Ítaca deu-te a tua bela viagem.
Sem ela não terias sequer partido.
Não tem mais nada a dar-te.


E, sábio como te terás tornado,
tão cheio de sabedoria e experiência,
já terás percebido, à chegada, o que significa uma Ítaca.

Konstantinos Kaváfis, trad.Jorge de Sena

Vou no camiño, obrigado!

quinta-feira, abril 16, 2009

o Pichel e a Microxardinería


o día 24 deste mesmo mes, estarei polo Pichel, dando un curso, cursiño, de microxardinería. Polo que hoxe comecei a preparar a presentación que reflecirei nalgunha das paredes do centro social.
Buscando un logo que poñer para a primeira páxina da devandita, fun dar de cornos con esta demostración de beleza sensual. O que, por outra banda, deixoume certamente estresado. Falar de termoperiodismo, fotoperiodismo... sen un corpo ao que ir deitando, aos poucos, tais fetiches, mmmm.
Non fai moito, e como aportación a un filo-café, falaba das minetes en lingua portuguesa. Imaxino agora unha peza de roupa, indicándome a dispoñibilidade da utente para demostrar a miña locuacidade, o uso da lingua...
Que cousas.

terça-feira, abril 14, 2009

Catro semanas

Tempos atrás, cando a xente tiña segredos que non quería que fosen descubertos, subían a unha montaña e buscaban unha árbore. Facían un buraco na árbore e murmuraban o segredo dentro del. De seguido cubríano con terra. Deste xeito, ninguén, xamaís, descubriría o segredo.

quinta-feira, abril 09, 2009

en resposta a X. M. Eyré


Pensando en que cada libro ten que ter un espazo propio na rede, creei este web para A crise irredutible. Case de inmediato, e dándolle certa saída ao site, comuniqueime, por medio da súa bitácora, con Eyré que me pedíu unha presentación da obra. Matinando sobre o tema, escribín estas liñas que coido han servir a tal efecto.

segunda-feira, abril 06, 2009

a crise irredutible

pensando nun texto para o filo-café de Boiro, rescato este poema da miña crise particular:

O anano de René Crevel ou os pais da constitución

tamén son un pouco xigante
como o anano
que ao pretender a grande verdade
críase máis alto que ela

sábado, abril 04, 2009

hai catorce anos

ENTREVISTA PARA LA PRENSA

Si ponemos
a quien no sabe sociología ni entiende de política
a escribir sobre movimientos sociales

si ponemos a quien no ha leído a Freud
a reflexionar sobre psicianálisis

si encomendamos a quien nada sabe de ecología
la información sobre el cambio climático

y si asignamos a quien no sabe nada de nada
pero en particular desprecia las cosas del lenguaje
los comentarios sobre poesía

(ya sé que no soy quien para quejarme
yo que más de una vez he declarado con énfasis
que no hay nada en lo que sea experto
y sin embargo no logro mantener la boca cerrada)

el caso es que si ponemos en práctica
la división técnica del trabajo que acabo de sugerir
el resultado no es un manicomio
(o quizá sí según se mire la cosa pero con mirada exotérica
la cosa no es un manicomio)

sino un poderoso miedo de comunicación de masas
perdón medio de comunicación de masas
en la era de la comunicación de masas
en la era de la mierda en la nevera
en la era del cuento de la lechera


El día que dejé de leer El País. Jorge Riechmann

Unha semana para Boiro



O local social do Aturuxo acollerá, o día 11 de abril, o filo-café 'Medo á liberdade'. Para o cal agárdase unha masiva participación, nas distintas áreas, de creadores e creadoras galeg@s e portugues@s. Novamente un espazo aberto para o debate, inspirado no libro homónimo de Erich Fromm.
Ficades, xa que logo, convidados e convidadas.

sexta-feira, abril 03, 2009

e Pin fala

para @s máis nen@s, debullando as palabras nos seus distintos significados, as palabras que o tempo foi deitando e que conformaron un xeito de entender a existencia, un país.

quarta-feira, abril 01, 2009

o pequeno insomne



















Como vén sendo xa habitual, hoxe espertei antes da seis da mañá, e non volvín conciliar o sono até as sete, a hora de erguerme. Sempre que isto acontence, tendo a pensar nos proxectos que me quedan pendentes e procuro poñerlles datas concretras para a realización. Como naqueles famosos grafos pert, que estudaba durante a carreira. Isto sérveme para reflexionar sobre eles e facer balance do conseguido. Grazas ás reflexións desta noite, puidenlle poñer data a un dos proxectos que me vén ocupando a cabeza estas últimas semanas. Por outra banda, matinei moito sobre a miña actual situación, concluíndo, coma sempre, que da miña man fican todas as respostas, todos os actos posibles, e que cando eu queira podo mudar o que me acontece. Pero, coma sempre, tamén, o caso é querer. O meu xa típico acceso de romanticismo pueril, faime analizar o sufrimento, sempre opcional, como un xeito fermoso de afrontar a realidade, e lonxe de sufrir, conclúo rindo de todo e volvendo a caer nas gadoupas dun aprecio inconsciente polos finais tráxicos. Agardando o final, retomo os pasos dados até o momento, e busco a letra de
Sympathy for the Devil dos Rolling Stones.