andas á procura?

Búsqueda personalizada

domingo, março 01, 2009

Despois do fracaso

Á vista dos datos destas eleccións, cómpre máis que nunca reanudar o traballo, mais desta volta si, recoñecendo os erros. Debemos recapacitar sobre o labor da esquerda, máis que nunca inexistente neste país, e debemos dende xa comezar coas bases dunha formación política que represente á sociedade galega, dende o nacionalismo de esquerda, lonxe dos prexuizos asumidos ao longo dos anos, entre as persoas que conformaron o movemento de base neste país.
Dende xa, que fique a vontade de construír, dende cero se for necesario, un movemento de base que aspire a reformar a vida política deste país. Sempre fóra do nacionalismo oficialista, que perdeu non só a súa oportunidade de cambiar este país, senón que dinamitou as posibilidades de dinamización de novas estruturas, dilapidando as potencialidades do conxunto do nacionalismo. O fracaso maiúsculo do BNG é, desgraciadamente, o de todo o nacionalismo galego.
Asumo con isto, o meu erro ao crer, malia que a experiencia me dicía o contrario (despois de ler, tamén, o sentido das primeiras valoracións que aparecen na rede), que o BNG podía satisfacer as necesidades deste país, considerandoo un mal aceptable. A deriva ideolóxica, que hoxe se ve representada pola máxima decepción, representa un mal definitivamente inaceptable, do que deberemos tomar nota, co fin de que non volva acontecer.

4 comentários:

Manuel L. Rodrigues disse...

Isto foi un total desastre!!! Ora ben!! Vale máis un só escano no parlamento desde a oposición... que gobernar desde a desidia ideolóxica.

É preciso un partido galego de esquerdas e independentista (si; INDEPENDENTISTA... así con letras ben grandes), que máis que aspirar a gobernar, aspire a ser a voz dos galegos no parlamento.

O BNG xa non serve. Agora queda pelexar na rúa, non pronunciar unha soa palabra en castellano (nin unha soa). Temos o deber de facilitarlle as cousas aos galegofalantes e incentivar o emprego da lingua na rúa e onde sexa preciso, con uñas e dentes. Resistir e agardar tempos mellores
(non perder un falante).

Zeltia disse...

Eu tamén estou consternada, pero será que a xuventude vosa ten o entusiasmo que lle falta a xente da miña xeneración... eu penso que se pode aprender dos erros; e tamén penso que as persoas militen onde militen non deixan de ser persoas e polo tanto susceptibles de ser corruptas, adaptativas o medio, supervivintes, e miradores de ombrigos propios; que os herois nunca chegan a vellos porque a heroicidade é un defecto ou unha virtude propia da xuventude, en quen aínda non fixeron moitos estragos os desenganos... total, que a idea na que coincidides os dous, paga a pena loitar por ela, inda que o escepticismo acompañe a moita xente coma min.
¿o de nin un só falante en castelán? meu filliño, non mallaron en min, nin recibín eu as risas dos outros alumnos por non saber falar castelán, para que despois de aprendido non me sirva para nada. Eu son tamén castelanfalante, e teño ise dereito, e penso que o teño mais ca ninguén, xa que non foi algo adquirido por mimetismo ou comodidade, senon á pura forza (e podedesmo crer, porque ata os 7 anos, non souben puta palabra en castelán agás as que viñan nos libros da escola, as do cura e as da mestra) agora non quero renunciar a unha lingua fermosa e que me permite expresarme. Se cadra, se tivese un compromiso co meu sentir galego máis forte, rexeitaríaa, e nalgún tempo fíxeno, pero agora o escepticismo xa me roeu o pano da esperanza. Espero con iso non ser rexeitada eu mesma por persoas do voso pensar -máis ben "do voso sentir"-

bicos para os dous.

alberte disse...

non sei se volver sobre o feito de que, cada un pode falar no que queira, eu non desprezo o español como non desprezo a ningunha lingua. Mais, debo garantir que no meu país se fale na, como lingua oficial,o galego. Debo garantir que nas institucións públicas se atende na lingua do país, debo garantir a absoluta normalidade do idioma, e iso non se garante cun continuismo bilingûista. Garántese coa oficialidade absoluta.
En canto ao demais, non é unha ciestión de idade a loita polos dereitos propios, é unha cuestión de conveniencia, de compromiso, e iso, malia que o resto sexa mutable, non varía mentres a vontade de conseguir o prop´sosito final.
Todos e todas recibimos paus, e desexaríamos ser algo máis novos do que somos, sobre todo para manter a ilusión e a forza intactas, mais non é asím e malia todo continuamos cunha conciencia crítica e construtiva.
Quen renuncie por cansazo ou outras razóns, estará no seu dereito, igual que o resto estaremos no noso dereito de loitar pola renuncia doutros, tamén para o proveito destes últimos.

Zeltia disse...

Concordo moito con todo o que dis. Estou pola oficialidade absoluta, despois, na súa vida pode expresarse un como queira, e mira, a mín gustaríame poder falar non só o noso idioma, e o veciño castelán, se non tamén inglés, francés, e tantas outras linguas, todas e cada unha coas suas particularidades e que se axeitan máis cara unha expresividade especial, ou eu polo menos, que só falo duas, sínto así (hai cousas que só expresan o que de verdade quero dicir se son en galego; i outras en que me é máis doado recurrir ó castelán.

No que xa non estou tan de acordo e con eso de que os anos non fan mermar a ilusión ou a esperanza: non serán os anos, en sí mesmos, pero sí ver como todo tende a "volver ó seu", como os elásticos... cansa..
Pero dame gusto -egoísta que son- ver que hai xente coma tí, que loite por as cousas que eu loitaría, se non me volvera xa un chisco pasota -que palabra tan vella-. Non cho digo con recochineo eh, que pensarás tí "vaya morro así calquera!".
Un bico polo teu entusiasmo.

Arquivo do blog