anegado

Vou cheo de falar das eleccións neste luns accidentado. O condutor da pa no meu traballo virou a máquina rodas para arriba, e iso pareceume moito máis importante que o fracaso da socialdemocracia galega. Afortunadamente todo quedou nun accidente sen consecuencias para Carlos, o condutor. Ben por el, auténtico profesional. Á volta do traballo, fiquei parado na estrada por culpa dun outro accidente, desta volta de tráfico, in itinere dada a hora. Polo que, xunto coa decepción de onte e os centos de comentarios recibidos e escoitados, case que prefiro abandonarme ao descanso momentáneo, despois dun día duro.
Déixovos, con todo, cunha reflexión moi interesante:

Koroshiya Itchy-.A sociedade galega vem de entregar um cheque em branco ao Partido Popular. Um Partido Popular que não é qualquer Partido Popular.

Preme aquí para ler enteiro

Comentários

Paz Zeltia disse…
gracias polo enlace, está todo moi ben contado. eu lera no pais outro artigo na mesma liña, pero claro, moito mais light

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Oportunidad/perdida/elpepuespgal/20090302elpgal_8/Tes

sinto o mal dia que tiveches.

mimiños.