recta final

Toda liña recta, pode ser en realidade unha curva, pois é tan só unha cuestión de perspectiva. Achegámonos ao final da carreira, iso si é certo, as enerxías vanse esgotando, mais cómpre resistir. Mentres Nós-Unidade Popular, chama a ver as diferenzas entre os partidos exemónicos e aqueles, concretamente un, incipientes, Quintana entretense secuestrando vellos. E digo Quintana, si, por unha simple cuestión de personalismo. No momento en que se obvia a presenza e o traballo de todo un partido, a responsabilidade é sempre do mesmo, incluso cando se descoñece a culpa. Touriño we can, afía o seu máis incisivo touriñés para achegar as propostas que lle permite Madrid e o Núñez Freixoo, de neurona flotante, baixo os efectos imnóticos de Don Carnal, búscalle o quinto teto ás vacas.
No momento de máxima reflexión estarei disertando sobre a Xustiza e a Salvación na cidade de Porto, polo que non poderei adicarlle o tempo a escoller unha opción política. Cómpreme agora reflexionar, pois, e achegar unha idea en absoluto novidosa, que satisfaga, coido, a toda unha masa descontenta. Este país, como complemento, precisaría dunha forza de esquerdas (real), que aglutine todo o descontento e a decepción que foi sementando o nacionalismo oficialista na súa traxectoria cara a Grande Cámara. Crear unha opción nacionalista de proximidade, actuando xunto coa mobilización social, sen a fragmentación que arestora se vive e que divide, favorecendo aos partidos maioritarios. Unha opción que non teña présa por chegar á carreira final do poder, para fortalecer as bases, verdadeiras actuantes no cotiá político.

Comentários