Crónica local

Hoxe tocou vencer o escepticismo e ir ao mitin do BNG no meu barrio. Alén do que era estrictamente propaganda política, fíxose unha reflexión interesante sobre a necesidade dunha participación real da sociedade. Cómpre non abandonarse despois do día un de marzo e continuar traballando, e non só a clase política ou os políticos profesionais, senón que toda a cidadanía debe participar na toma de decisións.
Despois do mitin, debate. Incluso os máis escepticos somos construtivos e tocaba construir. Establecido o fundamento do nacionalismo oficialista, fundamento co que concordo, senón na súa totalidade, si na meirande parte dos postulados expostos, si critico a praxe dese fundamento. Na parte que me toca, e como extraballador de Seaga, non critico a propaganda cando fala da Lei de prevención de incendios, que atopo acaída, mais si a creación de Seaga e o pouco celo existiente no seu control político. Porque, aínda que é certo que existen dous poderes dentro da empresa, o económico e o institucional, quen verdadeiramente dá a cara e ten algo que perder é o institucional, e un goberno de esquerda nunca debe exercer a labor da patronal, como efectivamente se víu na obriga de facer despois do despedimento masivo de traballadores desa empresa durante a capaña do 2008.
Outra reflexión que me asalta, e non só polo feito de ter asistido ao mitin, é a existencia, na que os máis escepticos somos cómplices, de dous xeitos de afrontar estes comicios. Dende o punto de vista da conciencia, na que as dúbidas nos obrigan a facer real o libro de Saramago 'Ensaio sobre a lucidez', no que o efecto do voto nulo acadaba efectos insospeitados, mais é preciso ter en conta esa outra opción, a do voto de conveniencia, que nos di que o Partido Popular non debe, baixo ningún concepto, volver ao poder. Esa é a máxima, coido, que aos escepticos nos debe mover para acoder masivamente ás urnas este domingo. Malia que o bipartito nos estea sul cazzo.
Con todo, a nosa capacidade de análise e crítica deberá ser, despois do un de marzo, incluso máis incisiva. E con todo tamén, continúo a observar a evolución do nacionalismo 'minoritario', coa sa esperanza de que esperte un sentimento de unidade que procure unha alternativa real ao oficialismo.

Comentários

Paz Zeltia disse…
pois a min de esta volta cústame ir votar ¡coa ilusión que fun a última vez! pero estou un tanto desencantada.
poero haberá que ir... porque concordo co que ti dis tan ben dito!

aparte diso canto idioma se aprende coas erasmus ou as leonardo ou mesmo indo polo mundo adiante ;)
Certo que desta volta, e despois de ver a campaña coa que se nos obsequiou, dedescalificacións e trapos sucios, custa moito achegarse ás urnas con certa convicción. Mais é un deber loitar por unha democracia participativa, na que non se dirima o futuro dun país polo voto depositado nunca caixa de metacrilato. E nesa liña, cómpre asistir aos colexios electorais, para facer ver que o país non se rende ante a desmotivación. Cómpre acoder cunha mensaxe crítica e construtiva, establecendo un cambio de rumbo que parta das bases.