andas á procura?

Búsqueda personalizada

terça-feira, fevereiro 24, 2009

Crónica local

Hoxe tocou vencer o escepticismo e ir ao mitin do BNG no meu barrio. Alén do que era estrictamente propaganda política, fíxose unha reflexión interesante sobre a necesidade dunha participación real da sociedade. Cómpre non abandonarse despois do día un de marzo e continuar traballando, e non só a clase política ou os políticos profesionais, senón que toda a cidadanía debe participar na toma de decisións.
Despois do mitin, debate. Incluso os máis escepticos somos construtivos e tocaba construir. Establecido o fundamento do nacionalismo oficialista, fundamento co que concordo, senón na súa totalidade, si na meirande parte dos postulados expostos, si critico a praxe dese fundamento. Na parte que me toca, e como extraballador de Seaga, non critico a propaganda cando fala da Lei de prevención de incendios, que atopo acaída, mais si a creación de Seaga e o pouco celo existiente no seu control político. Porque, aínda que é certo que existen dous poderes dentro da empresa, o económico e o institucional, quen verdadeiramente dá a cara e ten algo que perder é o institucional, e un goberno de esquerda nunca debe exercer a labor da patronal, como efectivamente se víu na obriga de facer despois do despedimento masivo de traballadores desa empresa durante a capaña do 2008.
Outra reflexión que me asalta, e non só polo feito de ter asistido ao mitin, é a existencia, na que os máis escepticos somos cómplices, de dous xeitos de afrontar estes comicios. Dende o punto de vista da conciencia, na que as dúbidas nos obrigan a facer real o libro de Saramago 'Ensaio sobre a lucidez', no que o efecto do voto nulo acadaba efectos insospeitados, mais é preciso ter en conta esa outra opción, a do voto de conveniencia, que nos di que o Partido Popular non debe, baixo ningún concepto, volver ao poder. Esa é a máxima, coido, que aos escepticos nos debe mover para acoder masivamente ás urnas este domingo. Malia que o bipartito nos estea sul cazzo.
Con todo, a nosa capacidade de análise e crítica deberá ser, despois do un de marzo, incluso máis incisiva. E con todo tamén, continúo a observar a evolución do nacionalismo 'minoritario', coa sa esperanza de que esperte un sentimento de unidade que procure unha alternativa real ao oficialismo.

segunda-feira, fevereiro 23, 2009

recta final

Toda liña recta, pode ser en realidade unha curva, pois é tan só unha cuestión de perspectiva. Achegámonos ao final da carreira, iso si é certo, as enerxías vanse esgotando, mais cómpre resistir. Mentres Nós-Unidade Popular, chama a ver as diferenzas entre os partidos exemónicos e aqueles, concretamente un, incipientes, Quintana entretense secuestrando vellos. E digo Quintana, si, por unha simple cuestión de personalismo. No momento en que se obvia a presenza e o traballo de todo un partido, a responsabilidade é sempre do mesmo, incluso cando se descoñece a culpa. Touriño we can, afía o seu máis incisivo touriñés para achegar as propostas que lle permite Madrid e o Núñez Freixoo, de neurona flotante, baixo os efectos imnóticos de Don Carnal, búscalle o quinto teto ás vacas.
No momento de máxima reflexión estarei disertando sobre a Xustiza e a Salvación na cidade de Porto, polo que non poderei adicarlle o tempo a escoller unha opción política. Cómpreme agora reflexionar, pois, e achegar unha idea en absoluto novidosa, que satisfaga, coido, a toda unha masa descontenta. Este país, como complemento, precisaría dunha forza de esquerdas (real), que aglutine todo o descontento e a decepción que foi sementando o nacionalismo oficialista na súa traxectoria cara a Grande Cámara. Crear unha opción nacionalista de proximidade, actuando xunto coa mobilización social, sen a fragmentación que arestora se vive e que divide, favorecendo aos partidos maioritarios. Unha opción que non teña présa por chegar á carreira final do poder, para fortalecer as bases, verdadeiras actuantes no cotiá político.

sexta-feira, fevereiro 20, 2009

De ser vaca tamén me chamaría Guenguis

Saco o título do post, da colectánea poética que mereceu unha Mención de Honra no GZCrea 2006, De ter un can chamaríalle Guenguis, para referirme á nova que achega o xornal de Luns a Venres, no día de hoxe:

Feijoo volveu facer gala do seu amplo coñecemento do mundo rural durante a visita que fixo a unha explotación gandeira de Rois, onde se atreveu co formato rolda de prensa no establo. E é que, se nas xerais se referira a unha vaca como “un animal interesante”, para xúbilo dos seus adversarios políticos onte preguntoulle ao dono da granxa por que bautizara a todas as vacas “con nome de muller”. “Porque son femias. Non lles vou chamar Xulián”, respondeu o home cos ollos como pratos. E é que os bois non dan leite, Alberto...

Semella que o birrete a Feijoo aféctalle negativamente ao proceso cognitivo, impedíndolle relacionar cada imaxe cun significado concreto. Dende logo, se as solucións do rural deste país, pasan por que Alberto Núñez Feijoo, comprenda que a importancia radical do agro galego ten nome de muller, nun sentido amplo, finiquitaremos as posibilidades dun dos principais sectores produtivos denoso, antes de que a visión rancia da ultradereita pense, positivamente, en feminino.

domingo, fevereiro 15, 2009

For sale

Galiza non se vende hoxe en Compostela. Recoñezo un sabor agridoce despois da consigna. Unha chea de contradicións por unha causa xusta. É sempre de xustiza errar, mais sempre con vontade de emenda. Porque, señor si, a lingua é unha cuestión política e como galegos e galegas debemos coñecela e temos o dereito de recibir todos os servizos no noso idioma e iso non é ditadura, non se trata dunha imposición, senón do respecto polos dereitos fundamentais dun pobo, recoñecido incluso pola constitucións española á que sempre se remite! Galiza Bilingüe debía estar pendente de indemnizacións hoxe na Manifa de Galiza non se vende.
Pero é certo o abandono, por parte da clase política (cando menos a oficial), de todo canto se refire ao medio e aos seus valores sociais.
A min, como persoa vencellada ao país, e cun fondo sentimento de pertenza a el, preocúpame moito, xa case dende que teño memoria, a perda do norte político do nacionalismo oficial, é dicir, daquel con representación na Cámara. Preocúpoume, dende hai anos, a deriva e a perda dun ideario, que en termos de Galiza non se vende, tivo a culminación cando Quintana asumíu, supoño que por obrigas cun electorado que el consideraba potencialemente seu, a cruzada do AVE para Galiza. Naquel momento, fiquei tan indignado que non volvín a un acto da socialdemocracia galega. Folga dicir que apoio as vías alternativas de comunicación para Galiza, é dicir, un tren que non só comunique todas as principais vilas e cidades galegas, senón que sirva para darlle vida ás comarcas, mediante un cercanías que permita asumir, por unha parte, un rural non illado e, por outra parte, despoxar ás cidades masificadas uníndoas coas contornas e aproveitándose destas para nutrirxe da forza de traballo.
Por todo isto, malia as contradicións dun Galiza non se vende que ás veces semella estar de saldo, continuarei reafirmándome na consigna en apoio dunha democracia verdadeiramente participativa.

sexta-feira, fevereiro 13, 2009

Encontros no sétimo andar, café Uf de Vigo














Con mágoa por non poder acompañar ao resto de compañeiros e compañeiras nesta nova andadura.

quinta-feira, fevereiro 12, 2009

Cando Gloria Lago ten razón

Gloria Lago en El Mundo, o 23 de setembro de 2008 (fonte Galicia Bilingüe):
Los mayores disparates e injusticias de la historia no habrían contado con la aquiescencia de buena parte de la ciudadanía si no hubiesen ido acompañados de una calculada manipulación de la información y del lenguaje.

La voz de Galicia 09/02/2009:
Varios grupos independentistas radicales intentaron reventar la manifestación convocada en Santiago por Galicia Bilingüe, a la que asistieron unas 4.000 personas. El comportamiento violento de los jóvenes, que arrojaron botellas de cristal y piedras, obligó a la Policía Nacional a cargar contra sus apariciones, que se producían en distintos puntos al paso de manifestación. El saldo de los incidentes fue considerable: diez detenidos, todos radicales, y dos heridos, uno de los arrestados y un hombre que participaba en la concentración.

Resulta evidente que o sustento de Galicia Bilingüe atópase na manipulación, na creación dun conflito inexistente neste país, estratexia adoptada pola ultradereita española, representada maioritariamente polo Partido Popular e os media que os soportan. Con todo, unha vez máis demóstranse os patéticos intentos da reacción españolista por crear crispación. Apenas un par de miles de persoas vidas dende distintos lugares do EstadoEspañol, que contan coa connivencia dun estado imperialista ao que non lle treme a man á hora de levar o seu brazo armado a fortificar as rúas de Compostela, sempre para comprometer os dereitos fundamentais de todo un pobo.














Foto de Azucena Carrera

Unha galería ateigada onte na presentación dos libros do II Certame de poesía erótica Illas Sisargas.

Libros que poderán ser adquiridos en conxunto (coa compra dun dos exemplares, acompañarase o outro) en moi breve espazo de tempo, en todas as librerías.

quinta-feira, fevereiro 05, 2009

Presentación dos libros do II Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas


Presentación de:
‘Baile Átha Cliath’ de Alberte Momán e ‘Baixo o sol de Mesina’ de Lino Braxe.
Asimesmo, proxectaranse imaxes de Sol Rivas (Ilustradora de ‘Baixo o sol de Mesina’) e Paco Souto (Ilustrador de ‘Baile Átha Cliath’).
Será na Galería Sargadelos d’A Coruña, o día 11 de febreiro ás 20:30 horas.

segunda-feira, fevereiro 02, 2009

Axenda GZ

Dada a grande cantidade de información, convocatorias e demais que me chegan ao correo, decidín abrir un espazo aberto onde ir colgando todas as convocatorias que xurden neste país. De toda esa ansia por convocar aparece a Axenda GZ. Así mesmo, trátase dun espazo no que botar unha ollada aos titulares dalgúns dos principais xornais galegos, así como outras entidades nas que xurden novas de interese.

A Mudança de Língua Usual nos Novos Locutores de Galego – Neofalantes


GZe-ditora saca do prelo unha nova achega para afondar no estudo da lingua e a súa evolución na sociedade. O traballo foi desenvolvido por Vlasta Kováčová-Momán. O que lle dá aínda maís relevancia ao feito, xa que me cadra na familia.
Parabéns Vlasta!!!

Arquivo do blog