andas á procura?

Búsqueda personalizada

quinta-feira, janeiro 29, 2009

O home é pluralidade e diálogo


O pasado 23 de outubro, presentábase en Ferrol o meu libro de poemas 'Ferrol e o que queda por chover'. Tiven a sorte de compartir mesa con Melba Couto, a persoa que me iniciou no mundo da poesía. Pasou o traballo de afondar na obra e sacar este magnífico texto que agora se pode descargar dende aquí.

quarta-feira, janeiro 28, 2009

Filo-Café: Salvação e Justiça



















apocrofaxia 1 ou acto de buscar alimento fóra do libro sagrado: Se ben a inocencia ten sentido só para aqueles que utilizan a xustiza como arma, a salvación non é máis que un instrumento, utilizado polos xustos, para impoñer a propia visión do mundo.

estou tan limpo de inocencia
que non xulgo aos culpables
alén da causa xubxacente do delito

non mido xa
a xustiza
polo sufrimento do reo
nin procuro eufemismos para a vinganza

porque non me debo á salvación
pois sálvome de servir a unha figura paterna
sempre por riba de todos os males
que o son porque doen
malia que quen os infrixe
non será xamais xulgado

segunda-feira, janeiro 26, 2009

O figurante


O figurante. Nova imaxe de cabeceira, tamén recurrente nos meus textos e que ha axudar a definirme. Unha figura cunha máis que inadvertida presenza física, sempre nun segundo plano, pero formando parte do todo, participando del como artífice, ferramenta de avance, sen máis pretensión que a de provomer o movemento.
Agardo pois, que sexan do voso agrado as miñas primeiras experiencias co photoshop.
Descoñezo se poderá ser considerada unha imaxe de marca, mais de certo que se trata dunha imaxe que marca.

sábado, janeiro 24, 2009

Máis que unha crise

Aberto a unha lectura analítica, preséntase aos meus ollos unha entrega única. Única porque consta dun único exemplar de 'A crise Irredutible' que imprimín grazas ás ferramentas de autoedición. Un libro único ao que lle dou voltas mentres busco a figura, tamén única, que desexe afastalo desta exclusividade. Foron máis de unha, esta volta, as propostas. Sen boa acollida até o momento, recréome nas formas deste exemplar único, sorrindo, coa impaciencia que proporciona o desexo, máis vencellado á necesidade que ao vicio.
Achégovos o texto escollido para hornamentar a capa.

pertenzo ás fronteiras do medo
á crise eterna
irredutible

pertenzo e pertencemos
nós
a un país sen estela propia
cincento
inseguro
aplacado polo desexo asumido
de ser como a xente

domingo, janeiro 18, 2009

18-X por Palestina

sábado, janeiro 17, 2009

Por Palestina







MARCHA NACIONAL EN COMPOSTELA

Domingo 18 de Xaneiro ás 12 hrs. Con saída na Alameda

domingo, janeiro 11, 2009

quinta-feira, janeiro 08, 2009

Móvete por Palestina










Próximas Mobilizacións Por Palestina:


Venres 9:

Ponferrada:
ás 20:30 horas, Praza do Concello.
Ferrol:
20 horas, Praza Amada García (diante do edificio da Xunta de Galiza)
As Pontes: 19 horas, na Praza do Hospital

Sábado 10:


Pontevedra: ás 20 horas, con saída da Praza da Ferrería.
Compostela: ás 20:00 horas, na Praza do Toural.
Vigo: 18 horas, do Cruce de Via Norte con Urzaiz.
Ribeira: 12:30 horas, praza do Concello.
A Coruña: 20:30 horas, no Obelisco.
Ponteareas: 13:00 horas, diante do concello.

Domingo 18 (atención, o da semana próxima):

Manifestación Nacional Por Palestina en Compostela:
Saída da Alameda ás 12 horas.

terça-feira, janeiro 06, 2009

Galiza con Palestina

Baixo todas as dificultades e penurias reclamo a libertade pró meu pobo e para o pobo palestino.

Rescato estes versos de Ferrín para pedir a liberdade para o pobo palestino:

Na anguria da arandela que te cerca,
nos marcos, portas, fechos, nos durísimos e sen luz
arames, non me torzo e
reclamo a libertade pró meu pobo.

segunda-feira, janeiro 05, 2009

Arquivo do blog