andas á procura?

Búsqueda personalizada

domingo, dezembro 07, 2008

ás voltas coa edición


Anticipándome aos feitos, coma sempre que me deixo dominar pola impaciencia, comecei a materializar pequenos aspectos dunha posible editora que, até o momento, non é máis que unha imaxe na miña cabeza. Contra a crise, poesía. Non é de agora que creo nos/as poetas deste país, coido que todos os proxectos editoriais que existen son insuficientes fronte a capacidade creadora que temos esparexida polos diferentes caixóns que decoran as nosas estancias. Creo nas iniciativas, non oficiais, que nutran un posible sistema literario propio. Para que non fique monopolizado, dende unha perspectiva mercantilista, polos proxectos existentes e xa consagrados. E creo na capacidade da poesía para crear adeptos, é dicir, novos lectores/as. E aí onde fundamento a miña necesidade de crear un espazo, modesto, para quen desexe comezar o seu camiño literario. Arestora, coas dúa primeiras propostas xa en marcha, agardo poder dicir, en breve, que teremos esta nova iniciativa que sirva para difundir a creación galega. Agardo que así sexa. Doutro xeito, haberá que seguir pensando nalgo que facer...

4 comentários:

Manuel L. Rodrigues disse...

Todo o que sexa aumentar a oferta editorial en Galiza benvido sexa.

Felicidades polo proxecto e agardemos que saia adiante.

Fai un tempo atrás, algúns amigos estivemos vendo a posibilidade de facer algo semellante (aínda que non saiu adiante), polo que dispoño de relativa información sobre o tema. Para calquer axuda non dubides en consultar.

Saúdos.

alberte momán disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
alberte momán disse...

Grazas polo ofrecemento.
Como o do financiamento é sempre o maior limitante. Se cadra considero a opción de facer accións, como xa se teñen feito noutros proxectos. Polo que o dono de cada acción, ten dereito a recibir os libros. (cada a acción correspodenríase ao prezo de custo dun exemplar)
Pero iso xa o veremos.
Unha aperta

Manuel L. Rodrigues disse...

Non é mala idea o das accións, ou como fai Espiral Maior; as suscripcións.

Sexa como for, os tres maiores problemas dunha editora que comeza son os seguintes:

--Seguridade social e autónomos; o que ten un custo obrigatorio de 244euros exactamente ao més (agás que o propietario da editorial xa sexa autónomo ou empresario noutra especialidade profesional. Neste caso basta con darse de alta no IAE que é gratuíto).

--Imprenta do primeiro libro (Sobre 1000 euros que se recuperan coas vendas).

--Distribución por librerías; que pode ser gratuíta se a fai o propio editor ou custar o 50/55 por cento do custo pvp dos libros que se vendan se se lle encarga a unha distribuidora (ganancias da libraría incluídas).

Vamos; que a editora é rentabel (ou cando menos non ten perdas) en case todos os casos, sempre e cando se vendan os libros e non sexa preciso darse de alta no réxime de autónomos.

Arquivo do blog