andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, dezembro 10, 2008

entre o hipercrítico galiciano e o frikismo 'todo me da igual'

Non sei que se me perde a min nestes foros do demo, nin que estivera ocioso como o Gerardinho2000 que destila vinagre en cada curruncho.
Do Culturgal 'dos meus catro amigos e máis eu que nos reunimos para mirarnos o embigo', pasamos a un ataque directo a Estíbaliz Espinosa, que responde, de xeito bastante impropio e un chisco naif , do tipo 'y tú más'(recoñezo que resulta complexo non entrar ao trapo en ocasións, por iso 'me estoy quitando', pero aos poucos). Por outra banda, nunha entrevista bastante insípida, ascárida fai unha achega que, cando menos, varía un pouco a crítica ao traballo de Estíbaliz, que non por cutre deixa de ser importante.
Eu sigo co meu positivismo acerca da literatura galega. Calquera proceso evolutivo precisa de máis tempo, até chegar ao estado desexado, do que dispuxo esta nosa literatura para evoluír dun xeito medianamente libre.
Estamos no tempo no que, aqueles que se aloxaran até o momento en formatos tradicionais, experimentan outros xeitos de comunicación, con grandes erros, pero tamén con, ao meu parecer, moi bos acertos.
En todo caso, cantos anos de literatura hai que ter para figurar na Galipedia? (este neno non as pensa)

Um comentário:

Mariola disse...

E eu xogando a reptar polo chan e ó Monopoly cunha meniña...
Mágoa...
Ainda que, lido o lido, divertínme máis co plan que tiven que no Cultur.gal, sen dúbida.

Arquivo do blog