andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, novembro 05, 2008

Por fin chegou a colleita


Onte chegaba unha colleita longamente esperada. Presentábase na Casa da Cultura de Dodro o último premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Código poético de Neves Soutelo. Acompañada por Helena Villar Janeiro e Olegario Sotelo Blanco, nun acto de brevidade fulminante, Neves convidounos a ler o seu primeiro libro e a ir tomar uns viños. Parabéns á autora.

3 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Agradécese a testemuña do acto ao que houbera asistido de bo grao (ainda que fose de brevidade fulminante, os viños pagaríaos o editor ou?)

Mariola disse...

Por que a tortura? Tés demasiados temas deliciosos na seleción musical: Nyman, Tiersen, Satie... e claro, me entran ganas de tocar o piano...

Falamos.

Manuel L. Rodrigues disse...

Haberá que mercar ese libro, entón. A ver se o temos este luns en Couceiro. Xa vos contarei. Saúdos.

Arquivo do blog