poesía sen poetas

descoñezo se alguén se preguntou nalgunha ocasión se existía algo neste mundo menos importante que a poesía. Despois de ler isto e isto, vexo que por baixo da poesía, nese escalafón onde se reflicten as cousas verdadeiramente importantes, como o fútbol ou as declaracións da raiña de Espaaaaña!!!, atópanse os/as poetas.
Cun libro na man pódese facer de todo, excepto lelo, por suposto. Dá para, quen quixer, poda facer unha presentación, unha deturpación, ou calquera outro -ción/zom/ção/tion/ione que se lle ocorra. Mais o/a poeta. O/A poeta é un coñazo!!!! Coas interpretacións xustas do que é sempre interpretable no texto, os seus discursos interminables, a súa cara de poeta, as opinións políticas indebidas... De feito, neste noso país (de todos e de todas nunca de Fenosa), está de moda presentar libros, como vemos, sen a presenza do autor. Benvidos á vangarda das letras.
Polo que me toca, podo prescindir do acto en si, do libro se me obrigan, mais agardo que a ninguén se lle ocorra prescindir de min nos conseguintes viños. Porque, mirade que me monto a festa por libre e e convido aos viños sen necesidade de libro nen presentación. Folga á xaponesa. Viños todo o día.

Comentários

Unknown disse…
A mín pillaronme nesta, pero voto a Cristo! que esta semana e cando me saia do ovario esquerdo me monto un "sarao" cos e cas que vos apuntedes aos viños (sen libro nin politiqueo nin "bienquedas" nin nada).
Ata que caiamos tod@s bébed@s de viño de cú. Danzade, maldit@s!

Beijo!