Thomas el impostor


Cabaret Voltaire, a maiores de ter sido o lugar que procurou os comezos daquel dadaismo iniciático, é tamén a editora que me trouxo ás mans este volume, 'Thomas el impostor', de Jean Cocteau.
Para min, que sinto un aquel especial por ese movemento en concreto, mais tamén por canto del derivou, é de agradecer que exista unha editora que se centre, en grande medida, nos autores que marcaron unha época.
Deste volume, que comparte moitos aspectos cos libros dos seus coetáneos e amigos, mestúrase a inocencia coa realidade e esta co artificio, sempre dominada pola ironía, que fai moi amena a lectura, e as relecturas posteriores, pois sempre cautiva con novas descubertas.

Comentários