andas á procura?

Búsqueda personalizada

terça-feira, outubro 07, 2008

Os cegos de Cuerda

De cando en vez dou contra o muro dalgún filme malo. Actores que sobreactúan -dentro do histrionismo do cinema español- tramas pobres que se adentran no pseudomisticismo para captar a atención do sufrido espectador, historias fragmentadas mal comunicadas... Eu sempre digo, caendo no absurdo simplismo do cinema comercial, que cando aos dez minutos de película se desexa a morte do protagonista, a cousa vai moi mal encamiñada. Todo iso é un compendio dos sentimentos que van xurdindo dende o comezo de 'Los girasoles ciegos' de Cuerda. O sufrimento acentúase ao ver que, pasando os minutos, non acontece absolutamente nada, o que produce que, ao longo da fita, un pense en cambiar de sala de proxección, para meterse na pel do prota estúpido dalgunha película pseudocómica, ideada especialemente para tempos de crise.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog