andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, outubro 29, 2008

O lobo

Adega solicitou, por medio da Aelg, textos para o próximo Encontro sobre o lobo en Galiza. Este é o meu lobo:


gañado teño o pan
non pregarei
xa que logo
por cada vítima necesaria

non son máis que un figurante
na escena deste país de anos

agora
apreixo con ambas mans a ferida
na última das loitas diarias
coa derradeira arma
esgrimida na miña defensa
agonizando entre os dentes

Nenhum comentário:

Arquivo do blog