a inocencia perdida

ola. Xa o dixen, foi a primeira palabra que me veu á cabeza ao pensar neste post. Ao pensar en Alicia Fernández. Ola, de novo, pois xa hai moito tempo dende aquel primeiro recital en Lugo, dende que Miro nos trouxera a ambos dende un chat.
Agora si, regresas dende a Revista das Letras, para lembrarme a aquela meniña mala de Kill Bill, que chamaba pola morte dende un uniforme de colexio privado.
Saúdo á arma máis forte, a máis contundente, sobre todo nas túas mans, esa inocencia que moitos perdemos, en mala hora, para descubrir despois que podiamos usala para ocultar a nosa decepción.
Salve, poeta!

Comentários