afogados de monopolio

Dende os albores do capitalismo, vense repudiando a suposta constrición dos sistemas que negan a acumulación da riqueza, fóra do propio ben común. O posibilismo da esquerda achegounos aínda máis a esta idea de renegados sen causa, ou baixo o paradigma dunha causa social, unha entelequia co fin último no querer e non poder, no asumimos pero sempre pensando nun ben superior.
Hoxe, consumidores de pouco máis dunha ducia de marcas de mercado, que xogan a repartise o mundo, agardamos a que se faga efectiva a idea que Marx apunta no Capital, de que o capitalismo será o seu propio verdugo, en mans dunha única empresa monopolista. E aferrámonos a esta idea como á salvación, para atoparlle certo sentido ás nosas vidas, donas dun activismo pasivo.
Pensando nunha posible e próxima (espero) reunión, na que se debería falar dese meu Efecto Iguana, tentei darlle algo de forma ao discurso que introducise esa raiadura farlopeira.
Contra doda esperanza, continúo pensando, por se se dese o caso.

Comentários