Seaga, a vergoña da socialdemocracia galega

Voceiro da Cig en Lugo: para que se creou esta empresa de capital público e funcionamento privado: para poder usar desde a administración os mesmos mecanismos que as ETTs, suprimíndolle aos traballadores até o dereito a saber o tempo de contrato.

Como traballador de Seaga, extraballador doutro chiringuito pseudonacionalista (e nunca de esquerdas), non podo senón mostrar a miña máis absoluta indignación polo proceder do que se anunciaba como o cambio no xeito de traballar do operativo contra os incendios forestais. A creación de Seaga supuxo unha involución no que respecta aos dereitos de traballadores e traballadoras. Isto non pode senón que provocar que a reponsabilidade, tanto política como legal, recaia sobre, en primeiro lugar, a Consellería de Medio Rural, e en segundo lugar sobre o xerente de Seaga, como responsable último de levar a cabo as directrices políticas que lle chegaban das alturas. Agardemos que así sexa.


Comentários