mil e unha noites, máis

Últimamente tan só teño paciencia para ver unha película cando estou canso. Hoxe estabao extraordinariamente e senteime a ver unha das miñas canles máis odiadas. Collín comezada unha fita bastante pobre, pero quedei inmediatamente arroupado por dúas ou tres cuestións que me ataron a ela. Foi, se cadra, o papel de de Rose Byrne o que me obrigou a determe nela. Pensei, case inmediatamente, nunha outra historia bastante adolescente que lin días atrás, pero que me impactou porque lembro ter feito, case sen pensar, algunha 'irracionalidade' tan só como unha obriga para comigo mesmo, por demostrar un sentimento sincero, mais ás veces tan efémero que desaparecía no mesmo momento de ter comezado.
Penso que ás veces a vida, cando menos a miña, non é máis que unha continua espera entre eses momentos nos que necesito demostrar o que sinto, aínda que sexa por un momento.

Comentários