III Certame de poesía Erótica Illas Sisargas

A Asociación Caldeirón e o Concello de Malpica de Bergantiños veñen de convocar a III edición do Certame de Poesía Erótica 'Illas Sisargas', no que poderán participar todos os autores e autoras que o desexen cun libro de poemas orixinal e inédito, de temática erótica, escrito en lingua galega e que non supere os 600 versos.
A data límite para a recepción de traballos é o vindeiro 1 de outubro de 2008 e establécese un único premio de 1000 euros máis a publicación da obra na colección Caldeirón. Os orixinais deben remitirse ao enderezo do Concello de Malpica (
Avda.Emilio González López, 1. 15.113 - Malpica de Bergantiños), Departamento de Educación e Cultura, por triplicado e baixo plica (en sobre aparte farase constar o título, nome e apelidos, enderezo, teléfono e currículum do autor ou autora).

Comentários