de sabios é tamén saber que cabeza cortar

Seaga, cando menos ese foi o seu compromiso, readmitirá ás máis de setecentas persoas despedidas, restablecendo as condicións previas ao despedimento. Medio Rural pasoulle a pelota á empresa, asegurando que descoñecía os propositos da xerencia. Como é ben sabido, as rectificacións son sempre benvidas, mais o feito de facer unha fonda depuración da estructura é tamén recomendable. Polo tanto, compriría ir preparando a machada para a preceptiva decapitación.

Comentários