voz de serea

hoxe, cando quedan aínda cinco horas para comezar a xornada laboral, recapacito e rememoro todas aquelas situacións que me obrigaron, ou polas que me obriguei, a tomar unha decisión. Máis dun cento de decisións que agora considero erradas. Faltoume en todas elas unha capacidade, case que unha virtude, a de escoitar esa voz de serea, personificada hoxe nunha imaxe que voluntariamente busca arredarse, pero que continúa tan próxima que, co seu ton doce e intenso, lémbrame que houbo todo un mundo paralelo que non coñecín, tamén aquel que non coñecerei, e para o que xa é tarde. Desexaría saber, ter esoutra capacidade de volver a retomar aqueles momentos, e reconsiderar a miña escolla novamente. Mais, ao mesmo tempo, lembro que agora, neste mesmo instante, debo tomar unha outra decisión, e iso obrigaráme a prescindir dunha parte do meu mundo, novamente. A importancia da escolla, a relevancia do camiño a seguir, marcará se nun futuro non moi afastado, lembrarei este momento considerando estoutra decisión que hoxe pasa sobre min obviando a voz da miña musa.

Comentários