andas á procura?

Búsqueda personalizada

terça-feira, agosto 12, 2008

Signe Toly Anderson

Ben sabe deus, e se non o sabe tampouco ha ser a morte de ninguén, que non adoito participar de debates sobre as figuras máis sensuais do acervo de famosos/as que nos circundan. Máis si é certo que, dentro dese mesmo compendio de famoseo, teño unha serie de predileccións que non me parecen nada desdeñables. A que me gusta lembrar, sobre todo estes días que me acompaña no meu traxento ao traballo, é Signe Toly Anderson, extraordinaria vocalista dos Jefferson Airplane. Xa moito antes de coñecer a súa imaxe, parecíame unha das voces máis sensuais dentro do panorama de famosas do mundo.

E todo isto cobra máis valor, se temos en conta que outros grupos, como Sweetwater, que tiñan unha estructura semellante, en canto á formación se refire, non lograron adquirir a sensualidade da voz feminina coa que nos deleitou Jefferson. Claro está que, esa eiva, non mermou a súa importancia, aínda que estivesen pasadísimos de LSD as 24h. Porque, onde imos con letras como:

Motherless child (Sweetwater)

Sometimes I feel like a Motherless Child,
Sometimes I feel like a Motherless Child
Sometimes I feel like a Motherless Child,
And I'm a long
Yes, I'm a long way from my home

Sometimes I feel like I'm almost gone
Sometimes I feel like I'm almost gone
Sometimes I feel like I'm almost gone
And I'm a long
Yes, I'm a long way from my home

Sometimes I feel like there's nobody there
Sometimes I feel like there's nobody there
Sometimes I feel like there's nobody there
And I'm a long,
Yes, I'm a long way from my home.



Nenhum comentário:

Arquivo do blog