Lontras no Tambre


O traballo na campaña contra incendios adoita ser bastante desagradecido, á par que perigoso, en ocasións.
Pero malia as liortas internas e externas, a mala imaxe, en ocasións merecida, e a demais aspectos desagradables que acompañan ao traballo, hai unha morea de apartados interesantes que fan deste un traballo francamente fermoso. O último episodio que hei lembrar con gusto, foi a visión dunha Lontra no río Tambre ao seu paso por Negreira. Con isto non quero desmerecer a visión do Porco Teixo, mais ver unha Lontra coa luz do día, nadando sen inmutarse pola nosa presenza, coido que é do máis fermoso que se pode atopar nos nosos ríos.

Comentários