andas á procura?

Búsqueda personalizada

domingo, agosto 31, 2008

Liga contra o Medio Peso

Onte, despois da xornada laboral, pasei pola festa de Aríns a escoitar a tan afamada Orquestra Olympus. Espectáculo só equiparable coa París de Noia. Non ser devoto das orquestras non foi o motivo para mostrar a miña indignación pola mensaxe fondamente antirrevolucionaria dunha canción interpretada de Pepe Benavente. A famosa canción Medio peso, que transmite ben ás claras unha mensaxe de especulación sen límites. Podemos comprobar, segundo o texto que se axunta, a acaparación sen mesura de bens de consumo, cun medio peso prestado por un ente indefinido que non é senón máis unha entidade de financiamento capitalista. Sen poder ser outro motivo, de tal compra compulsiva, mais que a futura especulación cos ditos bens. Polo tanto, propoño unha Liga conta o Medio Peso, que non contra os que non pesan nin pouco nin moito.
Por medio peso
compre una plaza
ii esa plaza me dio una fuente
ya tengo plaza, tengo la fuente ii todo eso
por medio peso
por medio peso compre una guagua
y esa guagua me dio un carrito
ya tengo plaza, tengo la fuente,
tengo guagua tengo carrito
y todo eso x medio peso
por medio peso
compre una chiva y esa chiva me dio un chivito
ya tengo plaza, tengo la fuente,
tengo guagua tengo carrito
tengo chiva tengo chivito
y toodo eso x medio peso
por medio peso
compre una cabraa y esa cabra me dio un cabrito
ya tengo plaza, tengo la fuente, tengo guagua tengo carrito
tengo chiva tengo chivito tengo cabra tengo cabrito
y toodo eso x medio peso
por medio peso
compre una vaca y esa vaca me dio un ternero
ya tengo plaza, tengo la fuente, tengo guagua tengo carrito
tengo chiva tengo chivito tengo cabra tengo cabrito
tengo vaca tengo ternero
y toodo eso x medio peso
por medio peso
compre una mona y esa mona me dio un monito
ya tengo plaza, tengo la fuente, tengo guagua tengo carrito
tengo chiva tengo chivito tengo cabra tengo cabrito
tengo vaca tengo ternero tengo mona tengo monito
y toodo eso x medio peso
por medio peso
compre una nena y esa nena me dio un nenito
ya tengo plaza, tengo la fuente, tengo guagua tengo carrito
tengo chiva tengo chivito tengo cabra tengo cabrito
tengo vaca tengo ternero tengo mona tengo monito
tengo nena tengo nenito
y todo eso x medio peso
y todo eso x medio peso
y me prestaron
el medio peso!!!


quarta-feira, agosto 27, 2008

impresionante Mariza, imprescindible

Non é novo o meu gusto polo fado, malia non ter afondado moito nel, pero mais despois de escoitar a Mariza. Esta peza en concreto, cun contrabaixo tocado con arco de fondo pon, realmente, a pel de galiña.


Duas lágrimas de orvalho

Mariza

Duas lágrimas de orvalho
Caíram nas minhas mãos
Quando eu te afaguei o rosto
Pobre de mim, pouco valho
Pra te acudir na desgraça,
Pra te valer no desgosto

Por que choras, não me dizes
Não é presciso dizê-lo
Não dizes, eu advinho
Os amantes infelizes
Deveriam ter coragem
Para mudar de caminho

Por amor damos alma,
Damos corpo, damos tudo
Até cansarmos na jornada
Mas quando a vida se acaba
O que era amor, é saudade
E a vida já não é nada

Se estás a tempo, recua
Amordaça o coração
Mata o passado e sorri
Mas se não estás, continua
Disse isto minha mãe
Ao ver-me chorar por ti

terça-feira, agosto 26, 2008

A Coruña á luz das letras


Informa o Consello da Cultura sobre a presentación esta noite do libro A Coruña á luz das letras (Editado por Trifolium, coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Concellaría de Cultura do Concello), a celebrar hoxe na Biblioteca de Estudos Locais desta cidade, sobre as 19 horas. Un libro no que teño o pracer de participar, cun texto que pretende ilustrar a dualidade existente nunha cidade a un tempo reaccionaria e liberadora, na que fixamos a ollada todos e todas aqueles que saímos dun Ferrol aínda máis asifixiante e sucumbimos ante a imaxe que mostraba todo un mundo novo por coñecer. Iso si, a ilusión durou pouco, xa que, unha vez nos atrevimos a comezar o camiño, descobrimos que aínda quedaba moito mar por coñecer.

segunda-feira, agosto 25, 2008

Q de Vian, iso vexaríame

Recoñecible a pobre acollida que ten no noso país o meu autor favorito, Boris Vian, cómpre afastarse do noso 'sistema literario' para que se lle recoñeza a importancia que merece. AQUI, por exemplo. E non me resisto (como se fose quen de facelo) a ofrecervos un textiño:

BOM-DIA, CÃO
[BONJOUR, CHIEN]

Avisto na rua um cão
Digo-lhe: como vais, cão?
Pensa que me responde?
Não? Pois bem, mas ele responde-me
E isso não é da sua conta
Agora quando se vêem pessoas
Que passam sem sequer reparar nos cães
Sentimos vergonha pelos seus pais
E pelos pais dos seus pais
Porque uma tão má educação
É coisa que requer pelo menos... e não estou a ser generoso
Três gerações, com uma sífilis hereditária
Mas, para não vexar ninguém, devo acrescentar
Que um número considerável de cães não falam com
muita frequência

9 de Fevereiro de 1948

Dazkarieh

Loop Tok



Dende Estocolmo, Loop Tok.

domingo, agosto 24, 2008

What's Wrong

terça-feira, agosto 19, 2008

Creando imaxes dun conflito

Segundo esta análise das fotos aportadas por Reuters sobre o conflicto Xeorxiano, podemos concluír que cando non se atopan imaxes do conflito axiña aparece quen as amañe. Levado a outro extremo, canto do que chega a nós, dende os medios de comunicación, non é máis que unha montaxe?

Lontras no Tambre


O traballo na campaña contra incendios adoita ser bastante desagradecido, á par que perigoso, en ocasións.
Pero malia as liortas internas e externas, a mala imaxe, en ocasións merecida, e a demais aspectos desagradables que acompañan ao traballo, hai unha morea de apartados interesantes que fan deste un traballo francamente fermoso. O último episodio que hei lembrar con gusto, foi a visión dunha Lontra no río Tambre ao seu paso por Negreira. Con isto non quero desmerecer a visión do Porco Teixo, mais ver unha Lontra coa luz do día, nadando sen inmutarse pola nosa presenza, coido que é do máis fermoso que se pode atopar nos nosos ríos.

sábado, agosto 16, 2008

Xapón por un corpo


Consciente de que non se trata máis que dunha anécdota, hoxe mesmo chegoume a información de que Xapón vai gañando por un corpo, ou máis ben por unha presada de páxinas, ao resto de países do mundo. Xa que agora, e despois de que 'Ferrol e o que queda por chover' se puxera á venda nese país por medio de amazon.com, poderemos atopar tamén a 'Erótica'.

quarta-feira, agosto 13, 2008

'Ferrol e o que queda por chover' no mundo


A mundialización chega á literatura galega. O portal de venda por internet Amazon.com, porá en breve, a disposición de tod@s aquel@s que o desexen, o 'Ferrol e o que queda por chover'. Neste momento pódese encargar:
Na Grande Bretaña.
En Xapón.

Festa Cubana no Gomes Gaioso



Sábado 16 a partir das 20 h.
Centro Social Gomes Gaioso

terça-feira, agosto 12, 2008

Signe Toly Anderson

Ben sabe deus, e se non o sabe tampouco ha ser a morte de ninguén, que non adoito participar de debates sobre as figuras máis sensuais do acervo de famosos/as que nos circundan. Máis si é certo que, dentro dese mesmo compendio de famoseo, teño unha serie de predileccións que non me parecen nada desdeñables. A que me gusta lembrar, sobre todo estes días que me acompaña no meu traxento ao traballo, é Signe Toly Anderson, extraordinaria vocalista dos Jefferson Airplane. Xa moito antes de coñecer a súa imaxe, parecíame unha das voces máis sensuais dentro do panorama de famosas do mundo.

E todo isto cobra máis valor, se temos en conta que outros grupos, como Sweetwater, que tiñan unha estructura semellante, en canto á formación se refire, non lograron adquirir a sensualidade da voz feminina coa que nos deleitou Jefferson. Claro está que, esa eiva, non mermou a súa importancia, aínda que estivesen pasadísimos de LSD as 24h. Porque, onde imos con letras como:

Motherless child (Sweetwater)

Sometimes I feel like a Motherless Child,
Sometimes I feel like a Motherless Child
Sometimes I feel like a Motherless Child,
And I'm a long
Yes, I'm a long way from my home

Sometimes I feel like I'm almost gone
Sometimes I feel like I'm almost gone
Sometimes I feel like I'm almost gone
And I'm a long
Yes, I'm a long way from my home

Sometimes I feel like there's nobody there
Sometimes I feel like there's nobody there
Sometimes I feel like there's nobody there
And I'm a long,
Yes, I'm a long way from my home.



sábado, agosto 09, 2008

voz de serea

hoxe, cando quedan aínda cinco horas para comezar a xornada laboral, recapacito e rememoro todas aquelas situacións que me obrigaron, ou polas que me obriguei, a tomar unha decisión. Máis dun cento de decisións que agora considero erradas. Faltoume en todas elas unha capacidade, case que unha virtude, a de escoitar esa voz de serea, personificada hoxe nunha imaxe que voluntariamente busca arredarse, pero que continúa tan próxima que, co seu ton doce e intenso, lémbrame que houbo todo un mundo paralelo que non coñecín, tamén aquel que non coñecerei, e para o que xa é tarde. Desexaría saber, ter esoutra capacidade de volver a retomar aqueles momentos, e reconsiderar a miña escolla novamente. Mais, ao mesmo tempo, lembro que agora, neste mesmo instante, debo tomar unha outra decisión, e iso obrigaráme a prescindir dunha parte do meu mundo, novamente. A importancia da escolla, a relevancia do camiño a seguir, marcará se nun futuro non moi afastado, lembrarei este momento considerando estoutra decisión que hoxe pasa sobre min obviando a voz da miña musa.

sábado, agosto 02, 2008

Viridissima Virga

O viridissima virga, ave, que in ventoso flabro sciscitationis sanctorum prodisti. Cum venit tempus quod tu florusti in ramis tuis, ave, ave fuit tibi, quia calor solis in te sudavit sicut odor balsami. Nam in te flourit pulcher flos qui odorem dedit omnibus aromatibus que arida erant. Et illa apparuerunt omnia in viriditate plena. Canción de Garmarna

E un meu:

dóeme flor

debaixo de todas esas partes cubertas

das que finxes non saber

.

dóeme nestas horas

vizosa

esvaradía entres as superficies

cubríndote de salvaxe mato

.

dóeme e sorrí

antes da fuxida

imberbe

de escuro rostro

indiferente

Arquivo do blog