andas á procura?

Búsqueda personalizada

sexta-feira, julho 04, 2008

mil veces

escribo mil veces
o meu nome na area
para esquecerme del
outras mil veces

son froito de todas as dores

toca agardar, como naquelas mil horas que escribira nunha ocasión. Toca agardar e esperar que as complicacións non compliquen a transición de traballo a... outro, se cadra.
Sen ocupación, as horas non pasan. Escribo, pouco, leo sempre cun ollo posto no teléfono. Mirando sen pausa calquera medio de comunicación co que hai fóra, por se se me pasa a oportunidade da miña vida. A ociosidade é a nai de todos os vicios, dicíase, e engado, menos dos que máis pracer provocan.
Volvo sobre os pasos, a memoria, e ollo para o interior dos petos, baleiros. Miro de sacar, de entre as moedas esquecidas por todas partes, a cantidade xusta para unha cervexa. Nestes momentos, preferiría volver sobre aquel Ferrol perdido nos anos, no que a cervexa era un ben considerado básico, naquel Tres Portas, clausurado polas edades dunha Dora taberneira.

Um comentário:

Mariola disse...

Un acostúmase a esperar. Aínda que deprime. Deprime tanto.

Pero hai que facer por non perder a cabeza entre tanta maré.

Eu polo menos inténtoo (levo medio ano sen traballo...), pero toco os meus ombreiros e xa non atopo nada sobre deles :D

Pero podo aínda covidarte a cervexa, aprendín a aforrar como as formigas.

Beijos e ánimo