andas á procura?

Búsqueda personalizada

quinta-feira, julho 10, 2008

Erótica


Fora no 2004 no sul da Grande Bretaña, ao saír do restaurante no que traballaba, que parei a mirar as chamadas perdidas no móbil. Para a miña sorpresa, do concello de Outes tentaran poñerse en contacto comigo para informarme de que acababa de gañar o certame de poesía Francisco Añón coa miña Erótica.
Dende aquela, este libro de poemas deu moitas voltas. Isaac Alonso Estraviz, atreveuse con el para facerme o favor de correxilo ao galego-portugués. Posteriormente, aínda Victor Domingos lle deu unha volta para publicalo na editora virtual arcosonline.com, onde se atopa aínda agora. Pasou o tempo, pero non as miñas ganas de sentir o seu poderío aproximándose ás xemas dos meus dedos. Hoxe, despois de tres anos da súa primiera edición, e tras unha primeira intentona, aparece o que agardo sexa a unha edición definitiva desta Erótica, na versión galego-portuguesa.

Erótica
Edita Lulu.com
ISBN: 978-1-4092-1644-5
Portada: Azucena Carrera



Um comentário:

Mariola disse...

Gostarei de lelo con detemento e (quizais ata) fruición. Últimamente preciso bastante do poder sensual e sexual da "Erótica".

Grazas por dar ás/ós lectoras/es tanto pracer.

Un saúdo e ánimo!