Crossroad


O vran é unha estación plagada de insomnio. A falta de sono provoca certas desviacións da conduta, das que non sei nada ou case nada. Por iso que un día, de volta do traballo, din en lembrar aquela historia, plasmada nunha canción, na que un dos grandes mitos do Blues, Robert Johnson, acodía a un cruce de camiños para facer un pacto co demo, de forma que el lle ofrecía a alma por obter un don, o de compoñer e interpretar música.
A modo de imitación cutre, e atopándome no cruce de camiños de San Pedro con Concheiros, aquí en Compostela, recitei o xa coñecido: do sangue nas mans / lévote dentro/ pois tamén eu son ferida, mais no meu caso, coa aparición das persoas coas que xa combinara previamente.

Que cada quen saque as conclusións que considere pertinentes.

Comentários