andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, julho 30, 2008

Wellington Lima

A rede non deixará nunca de sorprendernos, ao achegarnos a novos xeitos plasmar a creatividade.
Neste sentido, e grazas tamén á 'Erótica' que sempre une, coñecín a dous creadores. Por unha parte está Wellington de Melo e por outra Haroldo Lima, que ademais, vén de ver publicados dous relatos en Germina Literatura, unha iniciativa da que xa teño falado neste noso punto de encontro, e na que participa outra das persoas que a rede achegou a estas terras, Mariza Lourenço.

segunda-feira, julho 28, 2008

Crossroad


O vran é unha estación plagada de insomnio. A falta de sono provoca certas desviacións da conduta, das que non sei nada ou case nada. Por iso que un día, de volta do traballo, din en lembrar aquela historia, plasmada nunha canción, na que un dos grandes mitos do Blues, Robert Johnson, acodía a un cruce de camiños para facer un pacto co demo, de forma que el lle ofrecía a alma por obter un don, o de compoñer e interpretar música.
A modo de imitación cutre, e atopándome no cruce de camiños de San Pedro con Concheiros, aquí en Compostela, recitei o xa coñecido: do sangue nas mans / lévote dentro/ pois tamén eu son ferida, mais no meu caso, coa aparición das persoas coas que xa combinara previamente.

Que cada quen saque as conclusións que considere pertinentes.

domingo, julho 27, 2008

D.IV.13




A Brigada de Defensa D.IV.13. Aquí tendes a miña brigada de defensa contra incendios. Estamos no alto da Pedra Arada no concello de Negreira. Tamén unha vista da desembocadura do Tambre, vista dende o Monte Cando.
Agardando ter pouco traballo, para beneficio de tod@s.

segunda-feira, julho 21, 2008

A cada intre máis perto

sexta-feira, julho 18, 2008

de música e adolescencia


Finalmente e despois de moitas voltas, fíxenme cun disco que escoitara de novo (máis aínda) nun vinilo prestado. Xa daquela, non era un disco doado de atopar polas nosas latitudes. Un directo dos Nine Below Zero do ano 1980, Live at the Marquee. Hoxe, polo tanto, retrocedo quince anos para escoitar outra volta o remasterizado, pero igualmente potente, Homework.

A historia das cousas



Vinte minutos para sabe de onde saen os nosos bens de consumo.

quarta-feira, julho 16, 2008

'Prométeme'


Como seguidor da carreira de Kusturica, achegueime a ver o seu último filme, Prométeme. Del agardaba un imaxinario político-costumista e non defraudou. Como tampouco defraudou a reacción (en toda a súa lietaralidade) de El Mundo, fronte a súa proxección en Cannes.
O mesmísimo Carlos Boyero, achéganos un nutrido parágrafo baixo o título de Kusturica sigue desbarrando, que ilustra á perfección a disconformidade da dereita española, fronte á criatividade e a autocrítica, fronte a revisión da historia contemporánea da Europa máis hipócrita, acertadamente vista dende a ironía. Filmes como Underground, fixeron mella na pseudodemocracía cristianoide da cúpula europeista, o que proporcionou que se puxese en marcha unha reacción mediática, para limpar a imaxe do entramado que representa o mercado da guerra.
É xustamente a opinión de El Mundo a que me levou, aínda con máis determinación, a ver este magnífico filme. O que me falta por saber, tendo en conta que a grande dor de Carlos Boyero non comezou con este filme, que parte foi a que máis lle molestou? Podería ter sido, a comparación que do ataque bélico dun cacique local contra unha vila fose comparado coa invasión de Polonia por parte de Hitler, ou que se equiparase a ese mesmo cacique cun concepto xenérico como é o de fascismo, recoñecible aínda hoxe na ideoloxía máis rancia da dereita española?

E deleitanos Carlos Boyero:

A la media hora de proyección de Prométeme empiezas a entender cristalinamente las razones de que el serbio haya caído en relativa desgracia en un festival que se sentía orgulloso de haberle apadrinado.

Y es que no hay por dónde coger esta cretinez entre costumbrista y esperpéntica, esta autoparodia sin gracia, esta antología de los defectos más irritantes del cine de Kusturica. El tema, por decir algo, va del viaje de un chaval pueblerino, que vive con su abuelo, a la ciudad, acompañado de una vaca y con la misión de encontrar una novia. Esto no da para mucho, pero el ingenio con el que Kusturica pretende llenar el vacío del guión es simplemente lamentable. Y, cómo no, suena todo el rato la habitual música folclórica de explosiva orquesta zíngara que este director con vocación de melómano y de exótico utiliza machaconamente en todas sus películas. Pretende ser una fábula vitalista y colorista, pero esa parafernalia supuestamente lúdica y lírica ya no divierte ni al público más entregado y fiel a las chorradas de Kusturica.



quinta-feira, julho 10, 2008

Erótica


Fora no 2004 no sul da Grande Bretaña, ao saír do restaurante no que traballaba, que parei a mirar as chamadas perdidas no móbil. Para a miña sorpresa, do concello de Outes tentaran poñerse en contacto comigo para informarme de que acababa de gañar o certame de poesía Francisco Añón coa miña Erótica.
Dende aquela, este libro de poemas deu moitas voltas. Isaac Alonso Estraviz, atreveuse con el para facerme o favor de correxilo ao galego-portugués. Posteriormente, aínda Victor Domingos lle deu unha volta para publicalo na editora virtual arcosonline.com, onde se atopa aínda agora. Pasou o tempo, pero non as miñas ganas de sentir o seu poderío aproximándose ás xemas dos meus dedos. Hoxe, despois de tres anos da súa primiera edición, e tras unha primeira intentona, aparece o que agardo sexa a unha edición definitiva desta Erótica, na versión galego-portuguesa.

Erótica
Edita Lulu.com
ISBN: 978-1-4092-1644-5
Portada: Azucena Carrera



sábado, julho 05, 2008

Parañoia

sexta-feira, julho 04, 2008

mil veces

escribo mil veces
o meu nome na area
para esquecerme del
outras mil veces

son froito de todas as dores

toca agardar, como naquelas mil horas que escribira nunha ocasión. Toca agardar e esperar que as complicacións non compliquen a transición de traballo a... outro, se cadra.
Sen ocupación, as horas non pasan. Escribo, pouco, leo sempre cun ollo posto no teléfono. Mirando sen pausa calquera medio de comunicación co que hai fóra, por se se me pasa a oportunidade da miña vida. A ociosidade é a nai de todos os vicios, dicíase, e engado, menos dos que máis pracer provocan.
Volvo sobre os pasos, a memoria, e ollo para o interior dos petos, baleiros. Miro de sacar, de entre as moedas esquecidas por todas partes, a cantidade xusta para unha cervexa. Nestes momentos, preferiría volver sobre aquel Ferrol perdido nos anos, no que a cervexa era un ben considerado básico, naquel Tres Portas, clausurado polas edades dunha Dora taberneira.

quinta-feira, julho 03, 2008

Manual da destrución. Samuel L. Paris

'Manual da Destrución'. Samuel L. Paris. Un novo libro de poemas editado pol'a regueifa

pero é que ninguén di GRAZAS
GRAZAS por non dicilo talvez
GRAZAS e AO e IMPOSÍBEL
sereas e tres horas de noite
benvidos ao paraíso
pero es que los gramáticos
son los de la mesa
los del bloque
bloqueiros
inciso
a xente que di
son los del bloque
teñen as fincas rodeadas de
bloque
feísmo remata en ismo
como catolicismo
pode que sexan os mesmos
y yo-no-sé
pero nos lo imponen
y a los niños no les justa aprenderlodetalxeito-de-tal-modo dóeme
o peito
cancro
lingüístico
y me encanta galicia YO TAMBIÉN SOY GALLEGA
quei me encanta o teu catro por catro
rapaces en uniforme
pelo louro tinguido
apelidos com-postos
com-postos na xunta
opus dei
dei
deirlle a misa de cando en cando

<
sino de encuentro
a nadie se le obligó nunca a hablar en castellano>>
juancarlosprimerodehispanialavieja

y
joderNENO
yoTAMBIÉNgalizaCEIBE
peroESqueMISPADRESPAPÁSPROXENITORES
meENSEÑARONaHABLARenESPAÑOL
e tamén a fumar porros
e a lamberlle a coniña á mosa
os pais non ensinan todo
os países tampouco

na galiza
en galego
na rabiza
en rabego
bilingüismo sesentaenove
e non fales de amor á patria
cando queres dicir
SEXO

'Texto sentido' de Lau Siqueira


O Texto Sentido de Lau Siqueira, déixovos un video da presentación