andas á procura?

Búsqueda personalizada

domingo, junho 29, 2008

Microrrelato. 'Aditivo alimentario'


Toxo!- díxome, e abateume coa sentenza. A euforia iniciática converteuse na circunspección máis minimalista, do tipo si, non, en consecuencia. O que para un rapaz de cinco anos resultaba, cando menos, inaudito. Tras a resposta do infante, diante dese primeiro estímulo en forma de exclamación, sobreveu unha primeira hipótese.

A sala, dun branco inmaculado, facía xogo co mesmo inmaculado das batas dos presentes. A luz intensa, incidía sobre o instrumental prateado, disperso, na máis absoluta das ordes posibles, por toda a estancia, o que intimidaba de forma manifesta ao meu anfitrión, que movía, de forma espasmódica, a cabeza escapando do seu influxo.

O nerviosismo resultaba manifesto. Tics nas pálpebras, movementos rápidos e desmotivados do pescozo. Todo semellaba indicar a existencia dunha droga, dun elemento inxerido ou asimilando doutro xeito, que repercutía no estado inconstante do pequeno. Nese momento quíxenme revolver, chamar a atención sobre o inoportuno da conduta que eses tipos estaban a ter co meu rapaz, pero, como sempre, todo ten o seu final, e a miña revolta caeu no saco sen fondo da dispersión por asimilación gástrica.

Nenhum comentário: