andas á procura?

Búsqueda personalizada

domingo, junho 29, 2008

Microrrelato. 'Aditivo alimentario'


Toxo!- díxome, e abateume coa sentenza. A euforia iniciática converteuse na circunspección máis minimalista, do tipo si, non, en consecuencia. O que para un rapaz de cinco anos resultaba, cando menos, inaudito. Tras a resposta do infante, diante dese primeiro estímulo en forma de exclamación, sobreveu unha primeira hipótese.

A sala, dun branco inmaculado, facía xogo co mesmo inmaculado das batas dos presentes. A luz intensa, incidía sobre o instrumental prateado, disperso, na máis absoluta das ordes posibles, por toda a estancia, o que intimidaba de forma manifesta ao meu anfitrión, que movía, de forma espasmódica, a cabeza escapando do seu influxo.

O nerviosismo resultaba manifesto. Tics nas pálpebras, movementos rápidos e desmotivados do pescozo. Todo semellaba indicar a existencia dunha droga, dun elemento inxerido ou asimilando doutro xeito, que repercutía no estado inconstante do pequeno. Nese momento quíxenme revolver, chamar a atención sobre o inoportuno da conduta que eses tipos estaban a ter co meu rapaz, pero, como sempre, todo ten o seu final, e a miña revolta caeu no saco sen fondo da dispersión por asimilación gástrica.

sexta-feira, junho 27, 2008

volvendo sobre un Ferrol de contrastes



















A historia de Aurora Rodríguez, nai de
Hildegart Rodríguez, famosa, esta última, pola súa precoz formación e militancia política durante a II República, volve de man dun correo electrónico. E volve lembrándome un libro de Boris Vian, Et on tuera tous les affreux, no que se plasma un tipo de euxenismo, tan importante, semella, para Hildegart, apoiado incluso por certas faccións progresistas da época, como polémico polo que del se pode extraer. O que si resulta curioso, é pensar que todo xurdise das ansias dunha nai por criar unha figura importante, afastada do mundo polas súas propias capacidades. O caso,por desgraza para a súa nai, as habilidades que axudara a consolidar na súa filla, axudáronlle a esta a aproximarse máis ao mundo. Tan próxima ficou da existencia humana, que soubo ver as incoherencias da esquerda política do seu tempo. Incohernecias, por outra banda, tan actuais que poderían ser postas de manifesto hoxe en día, sen problema ningún. Para ilustrar este última parte, vou facer propio o discurso deste poema de Alberto Lema:

Observa compañeiro o exército inimigo,
conta os innúmeros soldados

as espadas, as lanzas, os satélites,

(e algún dos teus tamén está con eles)
observa, e comprende que a vitoria

é imposible. Terás que aprender

a vivir entre eles agochando

todo o que te poida delatar

porque non houbo batalla, compañeiro,

nin vencidos, e levamos toda a vida

vivindo en territorio inimigo.



Si señor, a esquerda semella, ás veces e mirada de perto, estar con eles.


quarta-feira, junho 25, 2008

Pés que fan andar














Exposición fotográfica-descritiva de
aNimaXes (Nieves Soutelo e David Ramos).

olla

Inauguración sábado 5 de xullo, no Pub Modus Vivendi de Compostela.


terça-feira, junho 24, 2008

Os saltos do San Xoán














Como boa noite de San Xoán, breve pero intensa


.












segunda-feira, junho 23, 2008

de lecturas

Despois de Alberto Lema foi o Alfred Jarry co seu Faustroll e o Supermacho (o Indio tan celebrado por Teofrasto), outra vez Alberto Lema, Marguerite Duras e agora un Juan Manuel de Prada que se resiste, non por falta de tempo nin por falta de interese, máis ben por unha obsesión. Levo días ancorado na banda sonora de 'In the mood for love'. Parado, escribindo un relato sobre unha escena dun outro filme de Won Kar-Wai, unha peza que se encontra xunto con outras dúas curtas, baixo o título xenérico de Eros. A curta de Won Kar-Wai titúlase 'A man'. Fico obsesionado por un único plano, no que aparece un xerro cunha flor. Son incapaz de desfacerme desa imaxe, como xa me ten pasado con algún outro filme deste director.
Agora vou, sen resistencia posible pola miña banda, con 'Days of being wild', volvéndome sobre a portada escollida por Valdemar para ilustrar a Juan Manuel de Prada. Terei un segundo, máis adiante, para dedicarme a el.


sábado, junho 21, 2008

Auga

A auga, elemento vital, móstrase nesta curta como un mal isospeitado.

sábado, junho 14, 2008

Novo Ferrol e o que queda por chover


Ferrol e o que queda por chover, accesible dende a súa páxina en lulu.com, cambia de formato para a semana de gala no Diario Cultural da Radio Galega.
Durante toda a semana próxima, poderedes escoitar, sintonizando a Radio Galega a partires das 15 horas, textos extraídos do meu Ferrol e o que queda por chover.



Como novidade tamén, e para tod@s aquel@s que non dispoñades dos medios para adquirir o libro dende a rede, podedes escribirme un correo a albertemoman[arroba].gmail.com. O prezo é de 6 € (máis o envío).

terça-feira, junho 10, 2008

a porta verde no Gomes Gaioso



















este venres, 13 de xuño e a partir das 20:30 horas,
a porta verde do sétimo andar, presentará o seu libro no Gomes Gaioso de Montealto.

segunda-feira, junho 09, 2008

No need to marry to love you


Un pecadiño orixinal (moi orixinal) de Ana Cibeira. Unha vida violenta dende a xénese, dende esa primeira experiencia, nun comezo onírica, para materializarse dende a inocencia, con pasos inseguros e vencendo a dureza do imposto como norma, moral, estática e retrógrada. Unha xoia verde mazá.

Arquivo do blog