Jarry patafísico


A patafísica é a ciencia das solucións imaxinarias que outorga simbolicamente aos aliñamentos, as propiedades dos obxectos descritos pola súa virtualidade. [...] o consenso universal é xa un prexuizo bastante milagroso e incomprensible. Por que todos afirman que a forma dun reloxo é redonda, o que é manifestamente falso, posto que se lle ve de perfil unha figura rectangular estreita, elíptica de tres cuartos e por que demo non se notou a súa forma até o momento de mirar a hora? Tal vez polo pretexto do útil. Porén, o mesmo neno que debuxa un reloxo redondo, debuxa tamén a casa cadrada, segundo a fachada e isto, evidentemente sen nengunha razón, pois é raro, se non é no rural, que o neno vexa un edificio illado, e nunha rúa até as fachadas aparecen como trapecios moi oblícuos. É, pois, absolutamente necesario admitir que a multitude (contando aos nenos e ás mulleres) é demasiado inculta para comprender as figuras elípticas, e que os seus membros póñense dacordo no consenso chamado universal porque só perciben as curvas dun só foco, xa que é máis fácil coincidir nun punto que en dous. Comunícanse e equilíbranse polo borde dos seus ventres, tanxencialmente. Ahora ben, até a xente enterouse de que o universo verdadeiro estaba feito de elipses, e até os burgueses conservan o viño en pipas e non en cilindros. Alfred Jarry


Comentários

Malaquita disse…
E pensar na cantidade de cousas incríbles que podemos deixar de descubrir por esa visión consensuada do mundo! Prefiro a aventura do relativismo.

Que vaia moi ben mañá en Montealto.
Unha aperta!