andas á procura?

Búsqueda personalizada

sábado, maio 31, 2008

Serán do Gomes Gaioso


Déixovos un par de imaxes do serán de onte no C.S. Gomes Gaioso.














segunda-feira, maio 26, 2008

Jarry patafísico


A patafísica é a ciencia das solucións imaxinarias que outorga simbolicamente aos aliñamentos, as propiedades dos obxectos descritos pola súa virtualidade. [...] o consenso universal é xa un prexuizo bastante milagroso e incomprensible. Por que todos afirman que a forma dun reloxo é redonda, o que é manifestamente falso, posto que se lle ve de perfil unha figura rectangular estreita, elíptica de tres cuartos e por que demo non se notou a súa forma até o momento de mirar a hora? Tal vez polo pretexto do útil. Porén, o mesmo neno que debuxa un reloxo redondo, debuxa tamén a casa cadrada, segundo a fachada e isto, evidentemente sen nengunha razón, pois é raro, se non é no rural, que o neno vexa un edificio illado, e nunha rúa até as fachadas aparecen como trapecios moi oblícuos. É, pois, absolutamente necesario admitir que a multitude (contando aos nenos e ás mulleres) é demasiado inculta para comprender as figuras elípticas, e que os seus membros póñense dacordo no consenso chamado universal porque só perciben as curvas dun só foco, xa que é máis fácil coincidir nun punto que en dous. Comunícanse e equilíbranse polo borde dos seus ventres, tanxencialmente. Ahora ben, até a xente enterouse de que o universo verdadeiro estaba feito de elipses, e até os burgueses conservan o viño en pipas e non en cilindros. Alfred Jarry


O alento no Gomes Gaioso





Ramiro tivo a ben convidarme ao Centro Social Gomes Gaioso de Montealto, n'A Coruña, para presentar aló 'O alento da musa'. Verémonos logo, este venres 30 de maio, ás 20:30 horas.

sexta-feira, maio 23, 2008

reter

Xa está ben libros, de certames, de actos de toda índole. Unha vez máis vou parar en In the mood for love. En silencio, buscando un tempo perdido, outros Mil anos de oracións, dos que sacar o tempo que preciso para contar unha historia. A miña, como todas.


terça-feira, maio 20, 2008

A colleita


Hoxe chegou a colleita deste novo libro, ou descarga, Ferrol e o que queda por chover. Un libro moi gris en si mesmo, cunha portada da miña autoría e con moitas ganas de servir de referencia poética a aqueles/as que levamos a cidade de Ferrol marcada a lume. Á vosa disposición, e sempre baixo o voso criterio, esta nova entrega, nun soporte nada novidoso, pero que achega, a estas nosas letras, unha nova forma de facer. Aínda con moito camiño por diante, para adaptarse a esta terra nosa.

quarta-feira, maio 14, 2008

Fallo do certame literario do concello de Ames


Este sábado andarei por Ames, concretamente na Casa da Cultura do Milladoiro, acompañando ás persoas que gañaron algunha das categorías do Certame Literario do Concello de Ames. Aló lerei algún dos textos que resultou gañador na categoría de poesía, nesta presente convocatoria.

terça-feira, maio 13, 2008

Esperando as Letras 2008


Como ben se recolle na axenda de actos da concellería de cultura do concello de Compostela, o próximo venres 16 estarei recitando no Pub Momo (Virxe da Cerca, 23), textos do caderno de poesía Déixanse levar, a iso das 21:00 horas.

Como lembraredes, o caderno de poesía 'Déixanse levar', distribúese conxuntamente c'O alento da musa (Difusora de Letras, Artes e Ideas. 2007)

Así mesmo, e malia que non consta na propaganda, agardo que me acompañe, o tamén poeta e amigo, Óscar Antón Pérez García, ilustre redeiro e colaborador no volume colectivo
Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Difurora de Letras, Artes e Ideas. 2003).

sábado, maio 10, 2008

Danos colaterais

Até o de agora, como traballador do Sindicato Labrego Galego, mantiven un case silenzo respetuoso dado que se trataba dunha organización vencellada ao país e xunto á que se podía desenvolver unha tarefa imprescindible para o desenvolvemento correcto dun dos principais sectores produtivos do país. Afrontei o meu traballo, malia as dificultades propias do posto, cun grande grao de ilusión e motivación cara o sacrificio. Afrontei as doce pagas de seiscentos euros, traballar até doce horas ao día e cobrar, salario e dietas, cando había capacidade para facelo. Pero o que nunca pensei que debería asumir, era o desprezo continuado polo traballo e, nalgúns casos, polas persoas que estabamos a colaborar no proxecto. Nunca pensei que debería enfrontarme aos enormes prexuizos dunha Executiva, inmersa nunha loita persoal cunha outra facción de antigos camaradas e que está a provocar, probablemente, a meirande crise que o SLG afrontou até o de agora. Liorta entre bandos, na que os traballadores e traballadoras represaliados non somos máis que danos colaterais.
Son os acontecementos dos últimos tempos, os que me obrigan a facer pública a miña crítica a un xeito de facer as cousas, dentro da organización, que vai rematar por desfacer unha estrutura con máis de trinta anos de historia.
Dende a constitución da actual Executiva, foron progresivamente eliminadas as xuntanzas de traballadores/as (asembleas de responsables de locais, e de macrozonas) co fin de limitar o contacto entre eles/as e dosificar a información da que dispoñen os locais; limitouse deste xeito, a información da que se dispón á hora de afrontar calquera tipo de campaña; limitouse a operatividade dos/as traballadores/as, impedíndolles a moitos/as deles/as saír dos locais ou tratar cos afiliadodos/as; deliberadamente, ocultáronse accións ou actividades aos traballadores/as das comarcas, habendo momentos nos que, liberados/as, debemos enterarnos das mesmas por afiliados ou mesmo mediante responsables doutros sindicatos, nomeadamente UUAA. Esta semana, e como culminación da campaña de acoso e derrivo cara determinadas persoas da estrutura da organización, ficou claro que se pretende facer, por parte da Executiva, un baleiro económico á comarca de Compostela, polo que, a estas alturas, aínda hai dous compañeiros que non cobraron o seu salario, e non sabemos como se vai afrontar tanto as dédedas xa históricas de dietas e salarios, nos próximos meses. Despois de ter solicitado a comezos de semana unha entrevista coa Secretria de Organización por medio do correo electrónico, aínda é hoxe o día que somos incapaces de contactar con ela.
Moitas foron as irregularidades que se teñen cometido dende esta organización agraria. Moitos os atentados contra o Estatuto dos Traballadores, e malia todo, mantivemos un mutismo sepulcral para manter a organización unida. Pero, hoxe é o día no que é posible que se comece a saber todo canto se fixo nesta organización durante todos estes anos. A responsabilidade última será para aqueles/as que non souperon ver que a vía do odio e a defensa do persoal beneficio, non pode ser considerada nunca como solución de problemas, nin servir para a ocultación dos mesmos.

quarta-feira, maio 07, 2008

En boca de tod@s













Igor Lugrís, achéganos unha chea de poemas visuais versionando estoutro da súa autoría:


A minha língua quero na tua boca
e nos teus lábios nos teus peitos
E no país inteiro do teu sexo
falar com o idioma que nos pertence
Procurar a humidade com a língua que nos une
para dar-lhe nome ao teu corpo
e repetir em cada rio em cada bosque
em cada outeiro da tua geografia
a promessa de quem ama sem palavras
Com o silêncio das estrelas, tam longínquo e singelo

terça-feira, maio 06, 2008

Lili dos Toxos

Unha achega de Andrea (Lili dos Toxos), para este martes creativo:


Quixen beixalo na miña ausencia presencial,

Desexaba que me dera o que para min tiña pensado…


[pero]



NON quero que me ate...

Necesito respirar o ateísmo do ar.



[o profundo]



Coma unha pomba adicada ó mar...



[un amante que entra e sae]



El, pensará o momento no que me terá só para el.

Eu, pensarei cando voar para facelo feliz.


[ó mesmo tempo]

As mazás de Ana Cibeira


Cada certo tempo, agroman iniciativas da man dalgunha mente inqueda, que nos evaden, positivamente, da inercia cotiá (o hiperreal), para levarnos a esa outra realidade, sempre artística, afincada fortemente na nosa propia experiencia. Este é o caso de de Ana Cibeira e a súa actual vida violenta (presión psicolóxica: que desexaría, de ser posible, degustar apreciando os seus máis ínfimos detalles).

segunda-feira, maio 05, 2008

morniño pero fresco





A escasa consciencia daqueles anos, fai que non bote en falta o feito de ser alimentado. Tamén, o feito de non querer optar a un posto no funcionariado público (en principio), deixa mostra da miña inconsciencia postadolescente.
Con todo, recoñezo o valor da protección materna, chamémoslle pasiva, por medio da lactación. Súmome á campaña.

sexta-feira, maio 02, 2008

novas (?) ferramentas de edición


Veño de poñer a disposición de todo o mundo, unha primicia, o libro 'Ferrol e o que queda por chover' por medio da empresa virtual de autoedición, lulu.com.
Esta é unha empresa estadounidense que pretende servir aos autores/as dunha ferramenta áxil e veloz de autoedición, fornecendo dun programa editor de sinxela utilización, que permite maquetar un volume en diferentes formatos, dende un grampado a un pegado, pasando pola espiral.
Á miña experiencia, para min completamente novidosa, pódese acceder dende aquí, onde poderedes consultar as primeiras 10 páxinas.

Sen ter pasado nin apenas un día, xa vou comprobando os pros e os contras de tal iniciativa.
En primeiro lugar, á hora de comezar coa maquetación, cómpre ter moi clara a composición da obra e a súa estruturación, porque malia que a ferramenta de edición é sinxela, para realizar un traballo preciso é necesario ter certas nocións acerca do proceso. Por outra banda, temos a inmediatez no que se refire á posta a disposición do público o resultado da nosa maquetación. Poucos minutos despois de ter inserido o material, a aplicación informática xera un espazo de tenda, ou store, dende o que se pode comezar a promoción do libro. En canto á distribución, lulu.com, ofrece, maiormente de pago, un abano de servizos de propaganda e distribución, pensados para sistemas de mercados amplos, como o dos USA, o que para canles de distribución como a nosa, fica un pouco desfasado. En canto á adquisición, as persoas interesadas en comprar un exemplar, deberán dispoñer obligatoriamente dunha tarxeta de crédito, e non de calquera tipo, principalmente Visa e Master Card, o que nestas latitudes limita moito a accesibilidade ao produto. Outro xeito de pago virtual, é por medio de Paypal, o que non é tampouco unha ferramenta moi usual. Outro aspecto que resulta, ao meu modo de ver, pouco atractivo, é o feito de que a impresión, e polo tanto o envío, realízase nos Estados Unidos, o que aumenta moito o valor final da edición en papel, debido aos gastos de envío (no meu caso, a un valor inicial de 7 dólares, deberemos engadirlle uns gastos case do cento por cento, ascendendo a algo máis de 6 dólares. O que si resulta máis económico é o prezo por descarga online da obra.
Outro aspecto a valorar é que malia considerar que a empresa fai impresións en función da demanda, e polo tanto, está suxeita a traballar de forma discontinua e con baixo, inicialmente, volume de pedidos, o custe por exemplar non semella moi elevado, pero teño que agardar por un dos aspectos que aínda me queda por comprobar, a calidade da impresión, xa que aínda non dispoño dun exemplar físico.
Por todo isto, case que conclúo que esta pode ser unha iniciativa iniciática e de baixo custe para quen pretenda darse a coñecer con algunha obra impresa, mais non a considero unha ferramenta moi interesante para os amantes da boa edición e das exquisiteces do mercado.

Pero, con todo, debo dicir que paga moito a pena ler 'Ferrol e o que queda por chover', porque descrebe unha parte significativa da historia deste país concentrada nesa miña cidade natal.

Arte e Criação 2008

Achego unhas magníficas imaxes de Nelson Silva dunha das xornadas de Arte e Criação 2008.


Arquivo do blog