Despentes

A acción da propaganda, rara vez é definitiva para a adquisición, pero si me gusta saber apreciar nela o que pode ser potencialmente interesante. Coido, neste caso, non ter cometido un erro, trala compra da 'Teoría King Kong' Virginie Despentes (Melusina. 2007). Despois de ter visto, hai anos xa, 'Fódeme' ('Baise moi'. 2000), nunha polémica presentación nunhas xornadas, con carácter anual, que se celebraban en Lugo, ficara interesado pola utilización dunha sorte de ultraviolencia, sempre motivada.
Agora leo, neta nova entrega de Virginie Despentes, unha serie de consideracións a recpecto da prostitución que me gustaría reproducir:

'[...] a prostitución ocasional non ten nada de extraordinario. O único excepcional no meu caso é que eu falo do tema. Este traballo, que pode poracticarse en segredo total, non é máis que un curro ben pagado, para unha muller pouco ou nada cualificada [....]'
[...] así, a partir de imaxes inaceptables dun tipo de prostitución practicada en condicións asquerosas, acaban extraéndose conclusións sobre o mercado do sexo no seu conxunto. É tan pertinente como falar do traballo textil mostrando unicamente imaxes de nenos sen contrato
en sotos. [...]
[...] porque a sexualidade masculina debe seguir sendo criminal, perigosa, asocial e amiazadora. Isto non é unha verdade en sí, é unha construcción cultural. Cando impedimos que as putas traballen en condicións decentes, atacamos directamente ás mulleres, pero tamén buscamos controlar a sexualidade dos homes. Botar un foghete cando se teñen ganas non debe ser algo agradable e doado. [...] a decisión política que consiste en facer das prostitutas vítimas tamén cumpre a súa función: marcar o desexo masculino, pechalo na infamia.[...]
[...] cando as leises Sarkozy sacan ás prostitutas da rúa fóra da cidade, obrigándoas a traballar nos bosques, do outro lado das autoestradas, a mercede dos caprichos dos policías e dos clientes ( o símbolo do bosque é interesante: a sexualidade debe saír fisicamente do dominio do visible, do consciente, do iluminado), non se trata dunha decisión política que protexa a moral. A cuestión non é somentes evitar que esta poboiación pobre estea á vista dos cidadáns do centro das cidades, os máis ricos de entre nós. Ao traveso do corpo da muller, definitivamente un instrumento esencial na elaboración política da mística da masculinidade, o goberno decide deportar fóra da cidade o desexo bestial dos homes[...]

Toto isto sen facer apoloxía da prostitución, pero mostrando as súas contradiccións e a hipocresía propia da sociedade que é quen de afundir, colonizar, sociedades por cartos pero impide a unha persoa que escolla o xeito propio e particular de emancipación (capitalismo moral). Non toda a prostitución é unha torura, co que deberíamos tratar o tema con matices, e non acudir aos media falando do escuro e indigno dunha profesión, xa que o que mostran os media de indigno non é a prostitución en si mesma, se non o feito de que moitas mulleres se vén forzadas a realizar traballos cos que non están dacordo, o que acontece a diario nas caixas de calquera supermercado sen que ninguen se escandalice.
E por último achégovos deste mesmo libro:
































Comentários

anac disse…
Alberte, o libro de Despentes é incrible. Non me estraña que fales del, e que reproduza-lo seu texto. Eu lino fai pouco e só penso en pasalo e pasalo e regalalo e regalalo... É xenial que dunha forma non teórica, senón vital, fale da "raíz do problema", sobre o porno, a prostitucíón e a violación. O capítulo adicado a esta é unha luz, unha saída...
Nunca lin nin oín tal. Recoméndollo a todo o mundo que na súa vida lle dea sempre voltas ó mesmo. A todo isto.
Esperanzador e punkísimo. ¡Viva!
¡¡¡Gracias pola reflexión pública!!!