andas á procura?

Búsqueda personalizada

segunda-feira, abril 28, 2008

Uisce beatha

sérvete dorna
destas augas

a selva deste éxtase
borrará axiña todo signo de luz

O problema de buscar a auga da vida é non ser Tim Finnegan. Pódese morrer polo camiño e non haber deus que te erga despois.

quinta-feira, abril 24, 2008

concéntrate c(opus)



















Onte, diante da Cope de Compostela.

quarta-feira, abril 23, 2008

Arte e Criação II

Reproduzo:
E
ntre o 25 de abril e o 2 de maio, celebrarase no concello portugués de Vieira do Minho, a segunda convocatoria de Arte e Criação, unha exposición de arte contemporánea que integrará 39 artistas portugueses e 15 estranxeiros, confrontando xeracións e divulgando algunhas das tendencias emerxentes da producción artística portuguesa e estranxeiras actuais. Dividido en áreas distintas: Auditório Municipal, tenda gigante e espaços públicos (Cámara Municipal; Academia de Música do Alto Ave; Atelier de artes; edifício da Casa do povo e Espaço Internet). Preténdese que nestes espazos os artistas alicercen obras realizadas en diversos medios de expresión: escrita, pintura, desenho, escultura, fotografia, performance, música e audiovisual.

Coordinada pola artista plástica Adriana Henriques, as xornadas contarán coa presenza galega de poetas como Óscar Antón Pérez, Rafa Villar, Verónica Martínez, María N. Soutelo e Alberte Momán, o artista plástico e tamén poeta Anxo Pastor, ou o profesor universitario Carlos Quiroga.


E máis:

As Jornadas de Arte e Criação de Vieira do Minho, dirigidas por Adriana Henriques, terão a participação da incomunidade, no dia 26 de Abril, através dos trabalhos de Aurelino Costa, Alberte Moman, Ad Hoc, Carlos Quiroga, Alexandre Teixeira Mendes, Salviano Ferreira, Teixeira Moita, Nelson Silva, Veronica Martinez Delgado, Alberto Augusto Miranda, Anxo Pastor, entre outros. O arranque dá-se às 10h com o lançamento do livro Crónicas de Fernando Martinho Guimarães,

segunda-feira, abril 21, 2008

Ofrenda floral a Rosalía en Padrón

Algúnha fotos da ofrenda floral a Rosalía (12/04/2008) e a posterior lembranza do acto dedicado a Cabanillas, celebrado no 1958 neste Espolón da vila de Padrón.









































En fotografías de Azu Carrera vemos, en primeiro lugar, a Anxo Angueira, no Espolón, arengando ás masas e cantando o hino galego; Óscar Antón Pérez García, poeta mindoniense, concretamente de Oirán;
Manuel Vidal Villaverde, en terceiro lugar e por último, pero non menos importante, a Francisco Fernandez Paz, que nos lembrou a importancia de Cabanillas.

domingo, abril 20, 2008

matar o heroe


Onte, como xornada de descanso, primeiro achegueime a Follas Novas a facer unha compra relaxante. Primeiro, esta nova entrega de Elvira e as súas PAlAbrAs BrAncAs, e seguindo un pouco desta Rinoceronte e Yasunari Kawabata, coa Casa das belas adormentadas. Despois, sumido no trance propio dos restos dunha gripe, deiteime no sofá a ver a segunda parte do Home Araña, o tal Spider-man. Xa hai algo máis de un ano, escribín un libro de poemas baixo o título de Manual, baseado en como matar ao heroe. Porque unha vez máis, secuela tras secuela, observamos a mensaxe de evitar os problemas estructurais da sociedade por medio dun ente superior, case divino, que vén botar un pouco de piche sobre as fochancas do sistema, para colocar a todos no seu lugar, inmóbiles, absortos na mensaxe cristiá de que non somos nada, e o noso paso pola existencia non é máis que un trance do que non podemos agardar senón ocupar o noso lugar, marcado polo destino. Deste xeito, o heroe covértese nunha figura absolutamente antirrevolucionaria. E benaventurados os pobres, porque eles herdarán o reino dos ceos. Xa imaxino os pobres galegos convertendo o ceo un minifundio, tras eternas liortas para facer as partillas. Pero o ceo está lonxe, e o actual, o agora, o a herdanza dos nosos fillos, debe ser por forza a miseria, a non ser que o heroe se fixe en nós, e como a lotería, nos cambie a vida coa forza da súa sobrenatural musculatura. Hoxe, xa recuperado, comezo con esa bela adormentada e fico inmerso no azoute das ondas na costa e un cheiro infantil impregnado nas sabas. Interesante Kawabata.

domingo, abril 13, 2008

Descuberta do Código Poético


A esta gañadora do da XX edición do Eusebio Lorenzo Baleirón, María N. Soutelo, agradecerlle o fermoso agasallo.

















ad hoc por Cabanillas


Onte Padrón encheuse de poesía, para lembrar aquela coroación que levara a Cababillas diante da figura de Rosalía no Espolón da vila padronesa, aló polo '58.
As Redes Escarlata, xunto con poetas de Iria, Padrón e Cambados, puxeron as súas voces a disposición da memoria, facendo, xa agora, unha parte da nosa historia necesaria. Xunto con todos e todas eles e elas, o colectivo Ad Hoc, dispuxo unha performance coa fálica figura de Cela, colocada no mesmo Espolón da vila, proxectada sobre unha das paredes do auditorio.
Durante todo o acto, e previamente na ofrenda floral a Rosalía, a voz de Anxo Angueira, que encheu todos os espazos, animando á resistencia militante a prol do idioma e a cultura galega.

sábado, abril 05, 2008

Despentes

A acción da propaganda, rara vez é definitiva para a adquisición, pero si me gusta saber apreciar nela o que pode ser potencialmente interesante. Coido, neste caso, non ter cometido un erro, trala compra da 'Teoría King Kong' Virginie Despentes (Melusina. 2007). Despois de ter visto, hai anos xa, 'Fódeme' ('Baise moi'. 2000), nunha polémica presentación nunhas xornadas, con carácter anual, que se celebraban en Lugo, ficara interesado pola utilización dunha sorte de ultraviolencia, sempre motivada.
Agora leo, neta nova entrega de Virginie Despentes, unha serie de consideracións a recpecto da prostitución que me gustaría reproducir:

'[...] a prostitución ocasional non ten nada de extraordinario. O único excepcional no meu caso é que eu falo do tema. Este traballo, que pode poracticarse en segredo total, non é máis que un curro ben pagado, para unha muller pouco ou nada cualificada [....]'
[...] así, a partir de imaxes inaceptables dun tipo de prostitución practicada en condicións asquerosas, acaban extraéndose conclusións sobre o mercado do sexo no seu conxunto. É tan pertinente como falar do traballo textil mostrando unicamente imaxes de nenos sen contrato
en sotos. [...]
[...] porque a sexualidade masculina debe seguir sendo criminal, perigosa, asocial e amiazadora. Isto non é unha verdade en sí, é unha construcción cultural. Cando impedimos que as putas traballen en condicións decentes, atacamos directamente ás mulleres, pero tamén buscamos controlar a sexualidade dos homes. Botar un foghete cando se teñen ganas non debe ser algo agradable e doado. [...] a decisión política que consiste en facer das prostitutas vítimas tamén cumpre a súa función: marcar o desexo masculino, pechalo na infamia.[...]
[...] cando as leises Sarkozy sacan ás prostitutas da rúa fóra da cidade, obrigándoas a traballar nos bosques, do outro lado das autoestradas, a mercede dos caprichos dos policías e dos clientes ( o símbolo do bosque é interesante: a sexualidade debe saír fisicamente do dominio do visible, do consciente, do iluminado), non se trata dunha decisión política que protexa a moral. A cuestión non é somentes evitar que esta poboiación pobre estea á vista dos cidadáns do centro das cidades, os máis ricos de entre nós. Ao traveso do corpo da muller, definitivamente un instrumento esencial na elaboración política da mística da masculinidade, o goberno decide deportar fóra da cidade o desexo bestial dos homes[...]

Toto isto sen facer apoloxía da prostitución, pero mostrando as súas contradiccións e a hipocresía propia da sociedade que é quen de afundir, colonizar, sociedades por cartos pero impide a unha persoa que escolla o xeito propio e particular de emancipación (capitalismo moral). Non toda a prostitución é unha torura, co que deberíamos tratar o tema con matices, e non acudir aos media falando do escuro e indigno dunha profesión, xa que o que mostran os media de indigno non é a prostitución en si mesma, se non o feito de que moitas mulleres se vén forzadas a realizar traballos cos que non están dacordo, o que acontece a diario nas caixas de calquera supermercado sen que ninguen se escandalice.
E por último achégovos deste mesmo libro: