Xa son tres as traballadoras que quedaron fóra do SLG, a última por finalización de contrato, substituída por unha outra compañeira, en principio, sen afinidades coa liña crítica. Por outra banda, un compañeiro do local de Lugo, foi 'convidado' a abandonar o seu posto, para ir atender o local do Rosal, no Baixo Miño. Con este traslado, oficialmente voluntario, preténdese minar a vontade de continuar traballando nesta organización 'sindical', das persoas que nalgún momento mostraron a súa oposición á liña oficialista.
Comentários
Un saúdo.
Martín.
en canto ao slg, actualmente ao carro das actuacións de UUAA e sen ideas propias, vira cara unha actividade máis propia dunha ong que dun sindicato, con teóricos místicos máis ocupados en liderar plataformas, que en resolver problemas reais e inmediatos.