Poema para @s máis nen@s


A Editora virtual da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que publica obras dos seus membros colgándoas de balde na rede, faise eco do meu libro de poemas 'Por unha palabra tan só. Poema para @s máis nen@s'. No que pretendo achegarme ao mundo d@s máis cativ@s, resaltando a importancia da lingua como instrumento de comunicación, e ferramenta para entender o mundo.

Comentários

albagal disse…
É moi grande ensinarlles poesía ás/aos nenas/os.

Cando fixen as prácticas de maxisterio, dei aulas de literatura galega. Facía unhas clases de poesía, sobre todo, nas que comentaban os poemas e declamaban. Tamén escribiron poemas moi lindos:

"O mar é moi bonito,
pero ás veces está maldito.."

En fin, a ver se un día vés á Lonxa Literaria.

Bicos.