A posibilidade dunha illa


É compatible o mercado cultural coa libre descarga? A máis prestixiosa experiencia galega dinos que non. Mentres as obras de Paulo Coelho se converten en best-seller tras compartilos por medio de programas p2p, Rinoceronte Editora vén de claururar a descarga gratuíta dos volumes publicados, a causa do fracaso de vendas.
A Editora galega confesa ter vendido un só exemplar d'A posibilidade dunha illa (Michel Houellebecq) en todo o ano 2007, xusto no ano no que eu adquirín o meu exemplar. Négome a crer que eu fora a única persoa que, en todo o 2007, tivese comprado un exemplar.
Coñecendo as cifras, non me arrepinto da miña adquisición, é máis, estou contento de confiar os meus limitados recursos a un proxecto como o que nos ofrece Rinoceronte. Malia todo, non podo evitar recoñecer as máis que evidentes dificultades á hora de comprar un volume que supere con moito as dúas mil das antigas pesetas. Como membro da clase traballadora, vítima do, ás veces, irritante vicio de comer tres veces ao día, debo facer grandes sacrificios para enriquecer a miña biblioteca.
Con todo, e malia as desastrosas cifras de vendas que descrebe Rinoceronte, eu seguirei confiando (sempre que se me permita) nas licenzas Creative Commons.

Comentários

Anônimo disse…
Que só se computase unha venda non quere dicir que só unha persoa mercase o libro, senón que esa é a diferenza entre os exemplares que se venderon e os que devolveron as librarías onde estaban como novidade. Puideron comprar o libro 100 persoas, pero se logo hai 99 devolucións o resultado é 1.
grazas pola precisión.
Ingobernábel disse…
Aínda sendo o cómputo das vendas o cociente entre os libros mercados e os libros devoltos, ¿cántos se poideron vender tendo en conta que a editorial pagou 1.68 Euros en concepto de dereitos de autor?
Eu tamén comprei o libro no 2007.
Maraver disse…
Un máis que comprou este libro no 2007 e o certo é que non me arrepinto, como tampouco o fago de nengunha das lecturas das que puiden disfrutar dentro do catálogo de Rinoceronte.

Malia isto, teño as miñas dúbidas de se as descargas gratuítas que ofrecía esta editora son as culpábeis do baixo volume de vendas. Paréceme simplificar demasiado a cuestión...