Levaranos o vento

Deses anos mortos, que é o que realmente deixamos atrás? A carga desas horas non debe frear a nosa marcha.
Cando o odio pode máis que o sentido común, cómpre deixar tras nosa toda mesquiña conduta.
Este conflito, superou os límites de toda razón. Persoalmente, non coido que exista unha solución pactada. A ruptura, por tanto, é cuestión de tempo, e o peor ha ser para tod@s. A deriva nunha cuestión laboral, non fai máis que soportar esta tese. Os moitos anos de precariedade pasan, ora xa, factura.
Xa non é, como se pretende, unha simple cuestión de faccións en pugna, que implica a todo o nacionalismo, senón unha perda absoluta de perspectiva política, na que as organizacións de base sofren unha progresiva desestruturación, coventéndose en auténticas institucións da reivindicación, nun tempo colectiva, e que hoxe se reduce a aparicións públicas e xogos pseudopolíticos máis propios de ong's occidentais colonizando o terceiro mundo, sempre ao servizo do mellor pagador. Neste caso, España e a COAG, semellan ter gañado a batalla.
Evitando posicionarme, aínda que me sexa difícil, só vou dicir que os dereitos fundamentais de traballadores e traballadoras deben ser respectados sempre, con independencia dos intereses que estean en xogo. Quen rache esta norma, situándose alén do ben e do mal, debería, cando menos, contar coa desaprobación das persoas que dicimos defender eses dereitos.


Comentários

tangaranho disse…
Desconcertante, triste...e desde logo, cheirento. Se até se perde a ética no trato aos trabalhadores, eu penso que é o começo do fim.