A desastroica labrega


Na sección De Fío a Fondo, do xornal A Peneira, sae o meu artigo A desastroica labrega, no que trato a actual crise do Sindicato Labrego Galego. Como xa vin comentando nesta mesma bitácora, alén da pugna política, hai cuestións das que cómpre dar cumprida información, como a situación de liberados e liberadas. Son moitas as cousas que a este respecto cómpre apuntar, e que probablemente irán saíndo nas próximas semanas, a modo de análise.

Comentários

tangaranho disse…
...assim que detrás de umha pretensa luita pola independência sindical há outra cousa....manda truco...
Maraver disse…
Lin con moita atención o artigo e agradezo poder coñecer algo máis que as versións da prensa, que nisto e en todo cada vez me nego máis a crer... De todos os xeitos, non deixo de sentir unha fonda inquedanza ao contemplar a situación actual agora desde fóra do SLG.

Un saúdo.

Martín (ex-SLG do Rosal).

Déixoche o meu correo: maraver_vigo@yahoo.it
grazas pola visita Martín.
dende logo é unha situación moi triste e innecesaria, que podía terse solucionado pola vía da negociación,pero as cousas da pugna política xasabemos como son.
o peor é que isto non rematou aquí e vai seguir saíndo merda de todas as partes.
unha aperta
Maraver disse…
Son habitual leitor deste espazo pero nunca me decidira a postear.

Polo ben do agro e do nacionalismo espero que te trabuques nas túas previsións e que a situación se dea encauzado. O que me preocupa moito é o asunto da precariedade dos traballadores/as...

Saúdos.