andas á procura?

Búsqueda personalizada

quinta-feira, fevereiro 28, 2008

A Executiva dO SLG despide a outra traballadora da base crítica


Agardando polos detalles do caso, confirmo o despedimento doutra traballadora do SLG. Con esta, xa son dúas as compañeiras do Deza que deixan o SLG por pertencer á base crítica. Mentres tanto, afiliados da comarca pontevedresa, abandonan as filas do SLG, na procura doutras formacións, que ofrezan constancia nos seus traballadores e no servizo que ofertan.
Como xa nos ten afeitos esta Executiva, non hai explicacións posibles nin aos compañeiros e ás compañeiras, traballadores e traballadoras, nin aos afiliados e afiliadas.
Represéntase, deste xeito, un episodio máis, no que a pugna por manter a hexemonía, se leva por diante os dereitos fundamentais por un traballo digno.

(Foto de Óscar Vifer para AGN)

sábado, fevereiro 23, 2008

L'identitè

quarta-feira, fevereiro 20, 2008

Dende Kosovo a Galiza


“Dopo un cosi’ vasto riconoscimento del nuovo stato del Kosovo, nato da una dichiarazione unilaterale d’indipendenza, mi auguro che i Paesi europei e gli Stati Uniti facciano pressioni sul Governo di Madrid (in questa materia Aznar e Zapatero sono lo stesso e lo stesso sono il Partito Socialista e il Partito Popolare!) perche’ desista dalla repressione poliziesca e giudiziaria di stampo franchista contro i militanti delle tre minoranze dello Stato spagnolo e riconoscano a quei popoli il diritto di autodeterminazione”. Lo dice il Presidente emerito della Repubblica, Francesco Cossiga.

('Despois do vasto recoñecemento do novo Estado de Kosovo, nado dunha declaración unilateral de independencia, esperaríase que os estados europeos e os Estados Unidos fagan presión sobre o goberno de Madrid (nesta materia Aznar e Zapatero son o mesmo e o mesmo son o Partido Socialista e o Partido Popular!) para que desista da represión polocial e penal de cuño franquista contra os militantes das tres minorías do estado español e recoñezan a estes pobos o dereito de autodeterminación'. Declaracións de Francesco Cossiga, presidente italiano entre 1985 e 1992, actual senador vitalicio.

segunda-feira, fevereiro 18, 2008

A desastroica labrega


Na sección De Fío a Fondo, do xornal A Peneira, sae o meu artigo A desastroica labrega, no que trato a actual crise do Sindicato Labrego Galego. Como xa vin comentando nesta mesma bitácora, alén da pugna política, hai cuestións das que cómpre dar cumprida información, como a situación de liberados e liberadas. Son moitas as cousas que a este respecto cómpre apuntar, e que probablemente irán saíndo nas próximas semanas, a modo de análise.

O Efecto Iguana chega ao seu fin


Co Kalaikia 17 chega o fin da novela por entregas 'O efecto iguana'. Foi algo máis dun ano de singradura, que remata deixando unha porta aberta á continuidade, cunha historia de aventuras, Perdido en Cambados. Agardo que a historia fose do voso agrado.

sábado, fevereiro 16, 2008

Violencia física, violencia mediática


A estas alturas, resulta un pouco hipócrita, sobre todo da boca daqueles que correron, nalgún momento da súa vida, diante dalgunha forza de 'seguridade' do estado, falar da acción dos rapaces e rapazas de Agir, como doutras formacións políticas, que aló estaban, e que non están integrados nesta organización estudiantil, como un acto de violencia reprochable. A estas alturas sabemos tamén, quen son e como actúan os gardacostas destas 'personalidades'. Sabemos que se trata de autenticos mercenarios, que traballan tamén a prol dunha pugna política, coas armas das que dispoñen. É por isto, que o reprochable do acto do 'independentismo radical', na miña máis humilde opinión, é ter acodido ao lugar sen asumir que unha vez alí, serían continuamente acosados e incitados para obter unha resposta violenta, ou non tanto, que poder utilizar como arma política diante dos medios de comunicación. Son coñecidas as estratexias destes mercenarios, portando todo tipo de pequenas armas coas que golpear sen ser vistos, utilizando todo tipo de violencia verbal para atopar a resposta que procuran, e deste xeito actuar, impunemente, con toda contudencia. O Partido Popular, como representante da dereita máis reaccionaria, posiblemente, de toda a Unión Europea (tan só comparable, probablemente, ao nazismo de Le Pen, en Francia), abandeira a loita contra o terrorismo como argumento político, pero dende a perspectiva da aniquilación dos dereitos fundamentais das nacións que integran o Estado Español, e que poidan poñer en perigo a máxima da una, grande y libre, do imperialismo franquista. Dentro desta premisa, toda acción do nacionalismo antiespañolista vai ser considerada un acto de terrorismo e utilizada para a súa causa. Eis o grande pecado destes rapaces e rapazas, servir de ferramenta política, para criminalizar, neste caso, ao nacionalismo galego.

quinta-feira, fevereiro 14, 2008

A posibilidade dunha illa


É compatible o mercado cultural coa libre descarga? A máis prestixiosa experiencia galega dinos que non. Mentres as obras de Paulo Coelho se converten en best-seller tras compartilos por medio de programas p2p, Rinoceronte Editora vén de claururar a descarga gratuíta dos volumes publicados, a causa do fracaso de vendas.
A Editora galega confesa ter vendido un só exemplar d'A posibilidade dunha illa (Michel Houellebecq) en todo o ano 2007, xusto no ano no que eu adquirín o meu exemplar. Négome a crer que eu fora a única persoa que, en todo o 2007, tivese comprado un exemplar.
Coñecendo as cifras, non me arrepinto da miña adquisición, é máis, estou contento de confiar os meus limitados recursos a un proxecto como o que nos ofrece Rinoceronte. Malia todo, non podo evitar recoñecer as máis que evidentes dificultades á hora de comprar un volume que supere con moito as dúas mil das antigas pesetas. Como membro da clase traballadora, vítima do, ás veces, irritante vicio de comer tres veces ao día, debo facer grandes sacrificios para enriquecer a miña biblioteca.
Con todo, e malia as desastrosas cifras de vendas que descrebe Rinoceronte, eu seguirei confiando (sempre que se me permita) nas licenzas Creative Commons.

Arredemo tv, informa

Arredemo tv informa da acción ridiculista d@s Filh@s de Pita contra o coruñés Farrapo.



quarta-feira, fevereiro 06, 2008

Levaranos o vento

Deses anos mortos, que é o que realmente deixamos atrás? A carga desas horas non debe frear a nosa marcha.
Cando o odio pode máis que o sentido común, cómpre deixar tras nosa toda mesquiña conduta.
Este conflito, superou os límites de toda razón. Persoalmente, non coido que exista unha solución pactada. A ruptura, por tanto, é cuestión de tempo, e o peor ha ser para tod@s. A deriva nunha cuestión laboral, non fai máis que soportar esta tese. Os moitos anos de precariedade pasan, ora xa, factura.
Xa non é, como se pretende, unha simple cuestión de faccións en pugna, que implica a todo o nacionalismo, senón unha perda absoluta de perspectiva política, na que as organizacións de base sofren unha progresiva desestruturación, coventéndose en auténticas institucións da reivindicación, nun tempo colectiva, e que hoxe se reduce a aparicións públicas e xogos pseudopolíticos máis propios de ong's occidentais colonizando o terceiro mundo, sempre ao servizo do mellor pagador. Neste caso, España e a COAG, semellan ter gañado a batalla.
Evitando posicionarme, aínda que me sexa difícil, só vou dicir que os dereitos fundamentais de traballadores e traballadoras deben ser respectados sempre, con independencia dos intereses que estean en xogo. Quen rache esta norma, situándose alén do ben e do mal, debería, cando menos, contar coa desaprobación das persoas que dicimos defender eses dereitos.


domingo, fevereiro 03, 2008

Texto sentido



Recibín o novo libro do amigo Lau Siqueira, Texto sentido. Desta volta non permanece mudo, malia que diga que sou como uma gota qualquer de plenitude/em um universo que escuta e permanece/ mudo. E coido que lle habemos agradecer que non fique mudo, facéndonos partícipes desa experimentación poética.





Advírtenos Lau, antes de comezar a ler, que levemos conta do contido destas páxinas, pois conteñen poesía. Textos da experiencia vivida, na procura dun mesmo e da aprendizaxe que non cesa (e agora/ pleno de mim/ não sei nem sou).


Parabéns ao Lau polo libro, no que me vou perdendo devagar.

Arquivo do blog