andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, janeiro 02, 2008

Quen contamina paga, tamén no fogar.


No concello de Eriksdale, co que manteño un estraño irmanamento, puxéronse estritos á hora de regular a cantidade de lixo que se xera nos fogares da munipalidade. Estes días recibín esta mensaxe:
Please have your garbage & recyclables out by 8:00 am.
Limit 2 bags of garbage and must have at least one bag of recyclables.
If you have more garbage due to the holiday season, you can purchase stickers for a $1.00 each and attach one to each extra bag of garbage.
Stickers are available at the Municipal Office.
Happy New Year!!

(tradución rápida: sacar o lixo a partires das 8 am (a recollida é matutina) Límite de dúas bolsas, cando menos unha de reciclables. Os que, debido ás festas, teñan máis desas dúas bolsas, deberán recoller no concello etiquetas identificativas, a un dolar por cada bolsa a maiores)

Para o que non lle guste moito este novo imposto, o de Happy new year, vaille sentar bastante mal. Se cadra, tamén hai quen non lle pareza suficiente, pagar un dolar a maiores por cada bolsa de lixo, pero para comezar parece unha boa medida.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog