andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, janeiro 09, 2008

ghaiteiro!!!

Galiza é país de gaiteiros e de gaiteiras, iso resulta indiscutible, malia figura di merda de dous dos nosos máis sonados intérpretes (Núñez e Budiño), e sen contar evidentemente a do pelo verde. Hainas con grande tradición e influencia dentro do país, como é o caso da Seivane (permitídeme que me refira a ela polo apelido). Particularmente, sempre sentín certo aprecio polo Edelmiro Fernández. Pero hai unha cousa que, cando menos eu, boto en falta, e non é outra senón un grao de experimentación que colocase á gaita dentro cos instrumentos orquestables. Se ben, o que escoitei deste Miguélez, na súa páxina, non acaba de gustarme, véxolle a intención ao rapaz, o que me parece, cando menos, todo un logro.



Nenhum comentário:

Arquivo do blog