andas á procura?

Búsqueda personalizada

domingo, janeiro 13, 2008

Encontro Nacional Labrego


Onte, día 12 de xaneiro, celebrouse en Lugo o Encontro Nacional Agrario, de onde sairía constituído o Encontro Nacional Labrego, corrente crítica inserida dentro do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. Corrente resultado dos últimos e máis acuciantes cambios dentro da estrutura orgánica do SLG.
O último Congreso da organización agraria, celebrado o 24 de novembro de 2007, servíu como punto de inflexión, no que se definiron, tamén de cara ao público, as posturas enfrentadas dentro do sindicato. Dende ese momento, a viraxe cara unha organización vertical, orientada cara unha definición orgánica semellante á dunha empresa, colocou á dirección do SLG na postura da patronal, negando a participación de liberados e afiliación nas tomas de decisión.

Deu comezo, porén, un novo movemento que iniciou singradura cunha anécdota que considero aclaratoria do actual estado das cousas. Unha compañeira liberada, cara o remate do acto e despois de ter votado polo nome definitivo da corrente, comentou:
no tempo que levo nesta organización (en torno a dous anos) é a primeira vez que participo nunha votación. Entón, e sen saber aínda cal vai ser o camiño a tomar por este novo Encontro Nacional Labrego, debo dicir que eu apoiarei sempre a horizontalidade dentro das organizacións de base; que apoiarei o diálogo entre as partes que, positivamente, teñan algo que aportar ao debate sobre os nosos sectores produtivos, nomeadamente e en particular, no sector agrario; apoiarei a figura do afiliado como expoñente e alicerce dentro do organigrama do Sindicato Labrego Galego. Pero, pola contra, non apoiarei a división entre traballadores/as, a precariedade laboral (concordando cunha compañeira de ADEGA, que me comentaba onte, cando non hai recursos para contratar persoal, antes de caer na precariedade, non se fan contratacións); non aopoiarei un sindicato de elites mesiánicas que se afasten da realidade nacional.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog