Stormy weather


Ía dicir cando novo, pasando por alto que son aínda todo un rapaz. Pero, para ser máis exacto, direi na miña adolescencia, a comezos dos anos noventa, para saír, preparaba recopilatorios de música, naquelas xa obsoletas casettes, para poñer nos sitios que adoitaba frecuentar. Aquel xa famoso Tres portas, no ferrolán barrio de Esteiro, agardaba pola miña música para amenizar a tarde, se cadra algunha festa de aniversario, que nos levaba, a un compañeiro máis a min, a colocar unha caixa de cervexas, daqueles pouco estilizados tercios, debaixo dunha mesa, para pasar o serán bebendo e deleitándonos coa selección musical. Pasaban as horas, as botellas íanse acumulando sobre a mesa, como se acumulaba a choiva polas rúas, naquelas noites de inverno.
Agora, agardando pola choiva, e facendo un daqueles recopilatorios para o meu, non novo, teléfono con mp3, recollo unha peza, mil veces versionada, o Stormy Weather, desta volta por Sindey Bechet.



Comentários

Lúa disse…
que boa a estrela galiza....e que tempos....bicos
tangaranho disse…
aaaaaaiiiiii....aquelas garrafinhas gordechas, como as boto de menos...