andas á procura?

Búsqueda personalizada

segunda-feira, dezembro 03, 2007

Multinacionais e a normalización lingüística


Como consumidores temos ferramentas, ás veces insospeitadas, para incidir na vulnerabilidade das multinacionais, en pequenos aspectos da vida cotiá.
Despois de moitos minutos perdidos colgado ao teléfono, escoitando a música de espera da centraliña da miña compañía de telefonía móbil, conseguín que me prometeran que, a partires da próxima factura, todas as comunicacións a min dirixidas, serán redactadas en lingua galega. Para citar as palabras exactas do interlocutor 'sus facturas vendrán impregnadas de la lengua gallega'.
Despois de varios anos de loita, solicitando periodicamente, o meu dereito a recibir as súas comunicacións na miña lingua, despois de que preguntaran se prefería recibilas, no canto de en español, en catalán, e despois de asegurarlles que ía pedir o traslado a outra compañía, conseguín unha promesa firme. Agardarei con impaciencia a súa materialización.

Nenhum comentário: