desexo, perigo


Atraído polas interpretacións de Tony Leung en 'In the mood for love' e '2046', asistín curioso a este novo filme de Ang Lee, 'Desexo, perigo'. Fiel ao estilo poético do cinema chinés, non defrauda a emotividade que se desprende de cada escena. Un ritmo pausado, vai marcando máis o transcorrer da historia, nun agarimoso abano de sensacións. Mais, a influencia estado unidense, escaralla o que podería ter sido un fermoso relato de ficción histórica. Unha ausencia, case completa, de contextualización sociopolítica, evidencia un medo extremo a facer unha película que se sitúe fóra do gusto dos USA, o que produz un filme centrado en exceso nunha das historias de amor imposible que se repiten no manido cinema ianqui. Malia isto, resulta ser moi recomendable. Máis, se temos en conta o que nos deixan, no que a cinema se refire, estas datas festivas.

Comentários