como escravos mesmamente

Desgraciadamente, o 'alento' mantense de actualidade, agora que, despois de anos de explotación, vólvese sobre o tema da situación laboral das caixeiras de supermercado.
Son de todos e todas coñecidas as presións que os/as traballadores/as soportan nos seus postos de traballo, en canto xurde unha denuncia fronte manifestas irregularidades laborais. As empresas, teñen como ferramenta de sometemento a amiaza, sabéndose amparadas pola desesperación fronte ás dificultades que cada traballador/a sufre no ámbito do persoal.

Un dos grandes problemas engadidos, é a asunción desas prácticas abusivas como normalidade dentro do ámbito laboral, trascendendo a entornos non estrictamente empresarias, o que dificulta a erradicación desas dinámicas, obstaculizando cuestións importantes como a organización de traballadores/as.
Lónxe da romántica visión máis literaria, gustaríame confiar nese alento que proceda das mans das propias musas, e que as conduza á consecución dunhas condicións de traballo máis xustas.

Comentários