acceso restrinxido


O Nadal non deixa de ser un momento no que o consumo convírtese nun dos maiores alicientes para saír á rúa. Normalmente, non me deixo levar polos instintos máis elementais do capitalismo, pero, onte foi a tarde adicada a comprar os detalles que agallasarei aos meus sobriños.
Unha recua de turistas, recibiume ao entrar no casco vello, parados nos escaparates das tendas, como hipnotizados polas luces rechamantes. Mais, de súpeto, unha sorpresa. Os pais que tiveran a estúpida idea de compar aos seus fillos unha mini-gaita, deberán deixar aos nenos fóra, ou desistir no intento de acceder a este establecemento.
Na miña opinión, rúas enteiras, que digo rúas, cidades enteiras, deberían locer este distintivo. Porque, está ben que ninguén ensina a ser pai, tampouco ninguén ensina a pensar por un mesmo, pero, até o momento, coido que un ruído molesto é identificable por todos e todas por igual.

Comentários

tangaranho disse…
Sim seeeenhoooooooooooor!!!! Assim se fai!!!! muitos locais públicos tinham que tomar exemplo!!!!
Lúa disse…
Bo nadal!!!!!